A Carqueixa apoia a candidatura da película ‘O que Arde’ ós premios Goya

A Carqueixa apoia a candidatura da película ‘O que Arde’ ós premios Goya

O filme ‘O que Arde’, que foi rodado na súa maior parte nos Ancares, conta co apoio da cooperativa A Carqueixa, que está a facer promoción e apoio activo da candidatura da película ós premios Goya. Gran parte dos extras que aparecen na película son os propios cooperativistas socios da Carqueixa e por iso quixeron apoiar cunha campaña en redes sociais ó director do filme, Óliver Laxe.

Para o presidente da cooperativa e extra no filme, José Antonio Díaz ‘Palillo’, “Óliver gañou algo moito máis importante que a nominación aos Goya, gañou aos veciños e grabou os Ancares como nunca antes”. Ao fío disto, engade que O que Arde supón un “antes e un despois” porque “visibilizou en todo o Estado e fóra del a nosa identidade e a problemática dos incendios”.

A cooperativa aproveita estes días, previos á entrega dos Goya mañá sábado, para facer un sorteo dun lote de 5 Kg. de Ternera Gallega Suprema entre as persoas que participen nas súas redes sociais nas accións de apoio a ‘O que Arde’. É un dos lotes que a cooperativa está a comercializar de xeito habitual baixo a marca O sabor dos Ancares, a un prezo de 53 euros.

José Antonio Díaz, presidente da Carqueixa.

José Antonio Díaz, presidente da Carqueixa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información