A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) celebrou este venres a súa asemblea xeral ordinaria, na que se renovaron os órganos de goberno, aprobáronse as contas e fíxose unha planificación da actividade.
No transcurso da asemblea, reelixiuse a Carmen Rodríguez, da cooperativa Clun, como presidenta de Agaca durante os próximos catro anos. Rodríguez compaxinará o cargo co de vicepresidenta de Clun. Nesta nova etapa en Agaca, incorpórase Ana María Freire, de Aira, como vicepresidenta, co que se consolida unha presenza feminina importante á fronte da entidade, na liña de Agaca de promover unha maior presenza da muller nos órganos de goberno das cooperativas.
Tamén se incorporou ó consello reitor Carlos Carrión, de Vitivinícola Arousana. O novo equipo integra representantes de cooperativas líderes como Clun, Aira, Coren, Viña Costeira, Horsal, Vitivinícola Arousana e Proterga, reflectindo a diversidade de sectores e zonas xeográficas que abarca o cooperativismo alimentario galego.
Agaca lembra que as cooperativas socias suman máis de 28.000 persoas socias e dan emprego directo a case 6.000 persoas.
A xornada pechouse cun acto institucional no que interviu o conselleiro de Emprego, José González, e o presidente de Caixa Rural Galega, Manuel Varela, entre utros convidados.
Consello reitor 2025 – 2029
– Presidencia: Carmen Rodríguez Rodríguez Cooperativa Clun
– Vicepresidencia: Ana María Freire Fernández Cooperativa Aira
– Secretaría: José Luis Rey Rodríguez Cooperativa Coren
– Tesourería: Javier Iglesias Sendín Cooperativa Viña Costeira
– Vogal: Rafael Tejeda Vázquez Cooperativa Proterga
– Vogal: Alberto Amil Chaves Cooperativa Horsal
– Vogal: Carlos Carrión Álvarez Vitivinícola Arousana – Paco y Lola
Galego










Control OJD