
Carmen Lence xunto aos demais mimbros que integran o Consello Asesor Agropecuario de Mapfre España
Carmen Lence, presidenta do Grupo Lence, vén de ser nomeada presidenta do Consello Asesor Agropecuario de Mapfre España, con efecto do 23 de xullo deste ano, tras a xubilación de Atanasio Naranjo, que presidiu este órgano consultivo desde 2018.
No Consello Asesor Agropecuario de Mapfre, ao que Carmen Lence pertence desde hai 4 anos, están representadas destacadas empresas do sector agropecuario, da distribución e asociacións agrarias, e ten como obxectivo poñer en valor o sector primario.
Carmen Lence é licenciada en Administración de Empresas pola Universidade de Santiago, con formación de posgrao no Reino Unido, Estados Unidos e o IE Business School. Tras unha etapa internacional como consultora, executive coach e profesora en institucións como a Universidade de California Berkeley, asumiu en 2019 a dirección xeral do Grupo Lence (Leche Río e Leyma), consolidando o seu liderado con investimentos estratéxicos e diversificación de produtos.
Carmen Lence substitúe no cargo a Atanasio Naranjo trala súa xubilación
Baixo a súa xestión, a empresa reforzouse como a terceira industria que máis leite recolle en Galicia, mantendo ambiciosos plans de crecemento. Tamén ocupa cargos relevantes como vicepresidenta da patronal láctea Fenil e presidenta do Club Baloncesto Río Breogán.
Entusiasta e firme defensora do mundo rural e do empoderamento feminino, Carmen Lence impulsa o activismo rural e o liderado feminino nun sector tradicionalmente masculinizado. “É unha honra asumir a presidencia do Consello Asesor Agropecuario de Mapfre España. Afronto esta etapa coa vontade de contribuír ao fortalecemento dun sector estratéxico que xera riqueza, emprego e oportunidades no medio rural. Creo firmemente na colaboración entre empresas, institucións e organizacións agrarias para seguir construíndo un campo máis innovador, sostible e atractivo para as novas xeracións”, sinalou Carmen Lence.
O negocio de seguros agrarios de Mapfre ascendeu a 295 millóns de euros en 2025
Mapfre conta en Galicia con máis de 420.000 clientes e máis de 210 oficinas, nas que ofrece un servizo próximo e personalizado. O negocio de MAPFRE nesta comunidade autónoma alcanzou en 2025 os 513 millóns de euros en primas. En España, Mapfre conta no negocio agro con máis de 180.000 clientes e o volume de primas (seguro agrario combinado e agro diverso) ascendeu a 295 millóns de euros en 2025.
Galego









Control OJD