A responsable de Leche Río, Carmen Lence, contará este venres a súa experiencia á fronte da principal industria láctea de capital galego e os cambios que introduciu na empresa familiar e na súa filosofía de traballo desde que fai un ano colleu o relevo tralo falecemento do seu pai, Jesús Lence.
Será este venres, 11 de setembro, nun webinar organizado polo IGAPE dentro do seu programa Re-acciona, unha iniciativa posta en marcha pola Xunta de Galicia que pretende favorecer o desenvolvemento estratéxico, a profesionalización, a dixitalización e a innovación das empresas galegas.
A temática da sesión desta xornada, na que participará Carmen Lence, unha das poucas mulleres á fronte dunha empresa láctea en España, será a da profesionalización nos negocios familiares e como liderar o cambio de cultura necesario. Neste webinar vanse explicar tamén os servizos do programa Re-acciona. As axudas para que as empresas reciban estes servizos poden solicitarse ata o vindeiro 17 de setembro.
As axudas do programa Re-acciona poden solicitarse até o vindeiro 17 de setembro
Esta nova convocatoria do programa Re-acciona servirá para mellorar a competitividade das empresas. Para iso, pódese elixir entre un total de 15 servizos e solicitar as axudas antes do 17 de setembro.
Para coñecer en detalle os distintos servizos que mellor se adaptan ás necesidades de cada empresa, está en marcha un ciclo de webinars, no que os axentes colaboradores ofrecerán toda a información. Ademais, poderanse resolver tódalas dúbidas coas preguntas a través do chat. Para poder participar, está aberto o periodo de inscrición a través do seguinte formulario.
Programa venres 11 de setembro:
A profesionalización nos negocios familiares. Liderar o cambio de cultura.
12:30 Benvida
IGAPE
12:35 Como podo mellorar a miña xestión financeira?
Rafael Martínez-Carrasco, de ARXRON Estrategia
12:50 Conselleira Delegada do Grupo LECHE RÍO, Carmen Lence.
13:15 Preguntas e peche