As candidaturas independentes gañan as eleccións ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras

Publicidade
As candidaturas independentes gañan as eleccións ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras

As eleccións para renovar o Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras desenvolvéronse hoxe na comarca. Entre as 10,00 e as 17,00 horas un total de 222 viticultores e adegueiros censados exerceu o seu dereito a voto nas mesas electorais emprazadas no Barco e na Rúa. (Houbo dous votos nulos e un en branco), polo que a participación nesta DO foi do 33 %.

Dentro do censo A para o sector productor e conformado por dos subcensos: o A1, integrado por aqueles viticultores que achegaran ao Consello Regulador un maior volume económico en concepto de cotas por actividad nos últimos tres anos naturais; e o A2 composto polo resto de viticultores, os resultados foron os seguintes:

-Censo A1:

Candidatura Independente “Viticultores Independentes de Valdeorras”- 43 votos

Sindicato Labrego Galego-18 votos

Asociación Agraria de Galicia (ASAGA)- 18 votos

UUAA- 14 votos

-Censo A2:

-Candidatura Independente “Viticultores Independentes de Valdeorras” – 70 votos

-UUAA – 21 votos

-Sindicato Labrego Galego- 8 votos

Ao tempo, nas eleccións tamén se elixiron os vogais do subcenso B2, correspondente aos titulares de adegas de menor dimensión do territorio amparado.

-Censo B2:

-Candidatura Independente “Adegas Calidade Valdeorras” – 17 votos

-Asociación Agraria de Galicia (ASAGA) – 10 votos

No subcenso B1, no que figuraban as adegas cun maior volume económico en concepto de cotas destinadas ao Consello Regulador, durante os últimos tres anos naturais non se celebraron eleccións porque se chegou a un acordo previo antes dos comicios (os vogais titulares corresponderán, respectivamente, ás adegas Santa Marta e A Coroa).

Tampouco houbo eleccións no censo C, correspondente ás sociedades cooperativas, porque se chegou a un acordo de xeito que un vogal corresponde á Bodega Cooperativa Jesús Nazareno do Barco e outro á Bodega Cooperativa Virxe das Viñas da Rúa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información