Campomayor celebra oito décadas de historia e un legado familiar

A compañía celebrou a súa primeira convención en Lugo, á que asistiron 300 persoas para reflexionar en torno ao sector do ovo

Campomayor celebra oito décadas de historia e un legado familiar

Campomayor, unha empresa familiar galega con máis de 80 anos de traxectoria, reuniu no Auditorio Fuxan vos Ventos de Lugo a 300 persoas para asistir á súa primeira convención, conducida polo actor Rafa Durán. A data escollida foi con motivo da celebración do Día Mundial do Ovo, unha data para poñer en valor a importancia deste produto e de toda a súa cadea de valor.

María Caridad García, CEO da compañía, estivo acompañada na inauguración do acto por Rodrigo García, director Comercial e Desenvolvemento de Negocio, e Samuel García, director de Produción, xunto a quen lembrou a historia da empresa que naceu “como un pequeno proxecto familiar iniciado polos meus avós e cuxo obxectivo era contribuír á mellora da precaria economía da época”.

O que comezou sendo un modesto galiñeiro de 200 aves é hoxe “unha realidade consolidada, con máis dun millón de galiñas”. Un crecemento que foi posible grazas ao esforzo e dedicación da segunda xeración, e con cuxo legado familiar continúan na actualidade a terceira e cuarta, consolidando o modelo de empresa sostible en todas as súas dimensións, económica, social e ambiental, algo que lograron “apostando pola innovación e pola profesionalización”.
A convención contou con varias mesas redondas que espertaron o interese do público como a titulada ‘Do almorzo ao brunch: o ovo como protagonista e selo da túa cociña’, coa participación do crítico gastronómico Danny Salgas; o responsable de Innovación do Grupo Alsea, e Rodrigo García.

A colaboración entre Vicio e Campomayor destaca como exemplo de aplicar a innovación ao ovo e á categoría de tortillas

O novo consumidor e a transformación da categoría de ovo na canle RETAIL foi outro dos temas abordados na convención. Del falaron Diego Pérez, director de Compras de Produto Fresco GADISA, e Jorge Eiroa, director Comercial de Vegalsa, e Rodrigo García, quen confirmou que “o ovo se consolida como produto crave para a diferenciación local, especialmente en Galicia, onde se valora a súa calidade fronte ao tradicional ovo de casa”.

Finalmente, ‘A innovación do ovo e o canle HORECA’ foi o tema elixido por Victor Naranjo, CEO da Martinuca; Mariano Citterio, Chef Executivo e Food Innovation de Vicio, e Rodrigo García, de Campomayor, que centraron as súas intervencións en como se aplica a innovación ao ovo e á categoría de tortillas, destacando a colaboración entre Vicio e Campomayor como un exemplo concreto.

Un dos pratos servidos durante a convención

Un dos pratos servidos durante a convención

Ademais, Mariano Citterio (Vicio) explicou tamén o reto lanzado a Campomayor e como traballaron xuntos para validar produtos e procesos, logrando levar estándares de alta cociña a un modelo de restauración escalable.

Os asistentes, entre os que se atopaban clientes, provedores, distribuidores, colaboradores e traballadores da empresa, tamén gozaron de dúas showcookings, a exposición e degustación de produtos Campomayor, entre os que destacaron dous das súas novidades máis recentes, o Ovo Baixa Temperatura e o Ovo Casca Pasteurizado. Ademais, remataron co cómico Leo Harlem e a proxección dun vídeo homenaxe a Horacio García, falecido o pasado mes de febreiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información