A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Do campo ao pesebre, a estratexia de Progando para optimizar o resultado dos cultivos forraxeiros

Cun enfoque personalizado, ferramentas dixitais e produtos de alta tecnoloxía, Progando acompaña ao gandeiro galego en cada fase do cultivo. Os obxectivos, mellorar o rendemento, a calidade do silo e a sustentabilidade da explotación

A crecente profesionalización do sector gandeiro obríganos a prestar un servizo personalizado para acadar solucións exitosas. É preciso, ademais, estar atentos aos cambios progresivos na normativa de abonos e fitosanitarios, pero a carga de traballo nas gandarías dificulta un seguimento detallado destes cambios.

En Progando, coidamos o asesoramento ás granxas con dous criterios principais: atender ás súas necesidades particulares e mantelas ao día das normativas e solucións.

Asesoramento técnico personalizado, un paso cara a unha maior rendibilidade

Progando préstalle asesoramento persoalizado ás granxas.

Progando préstalle asesoramento persoalizado ás granxas.

O contacto co cliente é fundamental e isto non abonda con dicilo, hai que facelo. Por sorte, PROGANDO conta cun equipo dos máis completos: profesionais con experiencia contrastada que se caracterizan por un trato próximo co cliente e por unha das facetas que todo técnico debe cumprir: o sentido práctico.

Fertilización

Comezando polo principio, o asesoramento en materia de fertilización é crucial para acadar os obxectivos marcados en cuestións como a calidade e o rendemento dos nosos cultivos. Para iso, os nosos expertos visitan as parcelas que forman parte da explotación e, apoiándose en análises de terra, confeccionan un plan de fertilización á medida, no que se inclúen as achegas de xurro.

Na planificación, convén ter en conta todo o conxunto de variables que entran en xogo: volume das fosas, momento de aplicación, tipo de aplicación, clase de abono orgánico…

É importante salientar a actividade mellorante que podemos conseguir mediante a aplicación de materiais encalantes e, por suposto, abonos inorgánicos de tecnoloxía contrastada, que permitan garantir un consumo eficiente dos elementos fertilizantes ao longo de todo o ciclo do cultivo.

Variedades

Agora que temos planificado o abonado, ocupámonos da sementeira do millo. Para iso, primeiro escolleremos o híbrido que mellor se adapte á nosa zona de traballo.

Falabamos ao principio da clara profesionalización do noso sector leiteiro. Isto obrigou ás empresas de sementes a desenvolver híbridos que se adapten a todo tipo de zonas, ambientes e formas de cultivo.

O mercado ofrece infinidade de posibilidades e é aquí onde o gandeiro, co apoio técnico que precise, escollerá a mellor das solucións para a súa explotación, establecendo obxectivos claros sobre o silo que quere obter.

Unha vez descrito o produto final que desexamos conseguir, imos descifrando cada unha das variables que nos axudarán a logralo: data de sementeira, seguimento da nascencia, momentos idóneos de aplicación de fitosanitarios, seguimento da meteoroloxía, limiares de tratamento para pragas obxectivo, data de colleita, maquinaria de recolección…

millo novo progando

Ferramentas dixitais para un seguimento integral

Todo o comentado anteriormente non tería sentido se non se fixese unha recompilación dos datos específicos obtidos de cada granxa, para conseguir un seguimento que nos axude a planificar as sucesivas campañas.

Progando caderno dixital

Isto conséguese grazas ao traballo minucioso dos nosos técnicos, que deixarán constancia no caderno de campo dixital. Esta ferramenta innovadora libera ao gandeiro da carga administrativa, permitíndolle centrarse na xestión da súa explotación mentres dispón dun control exhaustivo de cada fase do proceso, desde a preparación do terreo ata o manexo postensilado.

Análise postensilado: mellorando a dixestibilidade e o rendemento do silo

O traballo de PROGANDO continúa tras a fase de cultivo. Unha vez ensilado o millo, os nosos técnicos e nutrólogos realizan unha análise exhaustiva da dixestibilidade do silo. Este estudo non só avalía a calidade do forraxe, senón que tamén permite extraer conclusións sobre o manexo e a eficacia dos produtos aplicados. A aprendizaxe recollida durante este proceso é clave para optimizar futuros cultivos, conseguindo unha mellora continua na produción de forraxes de alta calidade.

O noso asesoramento agronómico oriéntase a conseguir non só unha elevada cantidade de forraxe, senón sobre todo unha calidade superior dos silos, o que redundará nunha alimentación máis eficiente e nutritiva para a elaboración da ración UNIFEED dentro de cada explotación.

ivan gandeiro pesebre

Produtos de excelencia para a mellor produción

PROGANDO traballa coas marcas máis recoñecidas do mercado, garantindo así produtos de primeira liña grazas ás compras directas coas marcas, sen intermediarios. Esta estratexia permítenos ofrecer materias primas de calidade.

Fertilizantes e calizas

Destacamos como distribuidores e importadores en Galicia dos fertilizantes ENTEC® e ENTEC® EVO™. Estes produtos presentan un sistema de fabricación de fertilizante complexo, de maneira que cada granulo contén a mesma riqueza de nutrientes. Son produtos de alta calidade fronte a outros fertilizantes de fabricación composta ou de mestura (‘blending’).

Os fertilizantes ENTEC® e ENTEC® EVO™ caracterízanse pola súa perfecta granulometría, alta solubilidade, baixo contido en cadmio (un metal pesado) e sen presenza de nitróxeno ureico, altamente contaminante, xa que é moi volátil, lixiviable e, ademais, non está dispoñible para as plantas.

Grazas á tecnoloxía ENTEC® que presentan os nosos produtos, conseguimos inhibir o proceso de transformación do nitróxeno amoniacal a nítrico (nitrificación), asegurando a súa permanencia no solo durante máis tempo que o resto dos fertilizantes.

Entec arquivo

Deste xeito, conseguimos que a planta poida realizar unha nutrición mixta de nitróxeno nítrico e amoniacal, o que non se pode dar co resto dos fertilizantes, garantindo unha maior eficiencia na absorción dos nutrientes.

Nun contexto de normativas medioambientais que se centran nunha agricultura máis sustentable e respectuosa co medio, os fertilizantes ENTEC® e ENTEC® EVO™, grazas á súa exclusiva tecnoloxía, adáptanse perfectamente ás normativas actuais, xa que permiten reducir as perdas por lixiviación de nitratos e a emisión de gases de efecto invernadoiro, conseguindo unha importante redución da pegada de carbono na fertilización, sendo ENTEC® e ENTEC® EVO™, os fertilizantes con menor pegada de carbono do mercado.

A nosa loxística é outro punto diferenciador: importado directamente desde Amberes (Bélxica) ata o porto exterior de Arteixo, e almacenado nas nosas instalacións, tamén en Arteixo, permite minimizar os custos. ENTEC® e ENTEC® EVO™ posiciónanse así como unha ferramenta clave para o agricultor en Galicia.

Sementes de millo

limagrain

DEKALBlogo

Con sólida experiencia no sector, colaboramos con marcas líderes como LIMAGRAIN e DEKALB. As súas variedades non só aseguran unha excelente nascencia, rusticidade e sanidade da planta, senón que tamén se traducen nun notable aumento na produción de leite por hectárea. Ademais, estas empresas apostaron fortemente pola evolución en función da eficiencia na dixestibilidade do forraxe.

Fitosanitarios

A dispoñibilidade de materias activas viuse gravemente reducida na maioría dos cultivos e, en termos relativos, poderiamos dicir que o millo non foi dos máis afectados. Pero, aínda así, materias activas que foron clave no control de malas herbas en millo desapareceron do mercado no último ano e moitas das que permanecen contan con restricións de uso.

Isto fai que teñamos que ser especialmente rigorosos á hora de escoller o herbicida axeitado e é por iso que en PROGANDO ofrecemos o catálogo máis amplo do mercado, para proporcionar opcións fitosanitarias que se axusten ás normativas actuais, sen comprometer a saúde do cultivo.

Compromiso e experiencia ao servizo do gandeiro

A nosa misión en PROGANDO é acompañar ao gandeiro galego ao longo de todo o proceso produtivo, achegando solucións técnicas que se traducen nun impacto positivo na alimentación do gando. O asesoramento personalizado, o uso de ferramentas dixitais e unha ampla gama de produtos de alta calidade son elementos clave que permiten a cada explotación acadar niveis óptimos de rendemento e sustentabilidade.

Instalacións de Progando en Abellá (Frades).

Instalacións de Progando en Abellá (Frades).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *