Campañas contra o fraúde de anunciar “polos vexetais” e “hamburguesas vexetais”

A Interprofesional de Carne Provacuno lanza unha iniciativa para buscar nomes alternativos para os procesados vexetais que se comercializan baixo a denominación de hamburguesas. Unións Agrarias-Upa denuncia ante a Administración a comercialización nos supermercados Aldi de "bocados de polo 100% vexetais"

Campañas contra o fraúde de anunciar “polos vexetais” e “hamburguesas vexetais”

Imaxe da campaña de Provacuno contra os procesados vexetais con forma de torta que se fan chamar hamburguesas.

O sector lácteo logrou fai un par de anos que Europa prohibise utilizar o termo leite para a comercialización de bebidas vexetais, pero outro fraúde estendido, como o de comercializar procesados vexetais con nomes cárnicos continúa á orde do día.

O último caso detectouse nos supermercados Aldi, onde Unións Agrarias-Upa atopou unha promoción de “bocados de polo 100% vexetal mediterráneos”, elaborados pola empresa Heura Foods. A organización agraria advirte de que se trata dun “engano orientado a comercializar un produto vexetal ultraprocesado que non ten relación algunha co polo”.

Artigo do fabricante da chamada "carne vexetal".

Artigo do fabricante da chamada “carne vexetal”.

Unións Agrarias pide que Consumo retire ese produto dos lineais. “As industrias son conscientes de que estes produtos industriais e baseados en vexetais e graxas de dubidosa orixe xeran temores entre os consumidores, polo que os disfrazan con nomes que os normalicen” -valora a organización agraria-. “Estamos ante unha práctica desleal que debe ser perseguida e sancionada”.

‘BuscalesUnNombre.com’, campaña da Interprofesional Provacuno

Provacuno, a Interprofesional de Carne de Vacún, sumouse ao Día Mundial da Hamburguesa, que se celebra este venres 28, cunha campaña na que quere reinvindicar o uso da palabra hamburguesa só para aquelas que leven carne. As que non, “son outra cousa, pero non son hamburguesas”, como reza o anuncio que se lanza a partir de mañá.

A campaña, titulada BuscalesUnNombre.com, pretende axudar ás empresas que utilizan todo tipo de ingredientes á hora de fabricar algo similar a unha hamburguesa a que adopten un nome diferente e creativo. Para iso, na web www.buscalesunnombre.com xa se habilitou un espazo onde calquera usuario pode propor o seu nome para este tipo de produtos. Desde os máis creativos aos máis divertidos, dos máis rompedores aos máis evidentes. A única condición é que non sexan ofensivos.

“Para nós en PROVACUNO, as hamburguesas deberían ser de carne de vacún, as auténticas, aínda que segundo a lexislación española pódense utilizar doutras carnes. Pero sempre teñen que ser de carne. O resto non son hamburguesas”, asegurou Eliseo Illa, presidente de PROVACUNO, durante a presentación da campaña.

“Cada vez hai máis produtos feitos en laboratorio e a base de mesturar ingredientes e ingredientes, nalgúns casos máis de 20, que queren imitar a forma, o aspecto ou, mesmo, o sabor das hamburguesas e chamarse igual. Non ten ningún sentido, cremos na interprofesional. Porque”, insistiu Illa, “é unha forma de confundir aos consumidores nun mercado no que o respecto pola orixe dos alimentos e a súa denominación son clave”.

Para axudarlles a atopar un nome a estes produtos, a campaña de PROVACUNO axudará a buscar centos de opcións para substituílo, desde hoxe e até o próximo 15 de xuño. Despois, un xurado especializado será o encargado de elixir o nome perfecto para propolo á sociedade para que o adopten como alternativa á palabra “hamburguesa”.

Unha campaña cun xurado experto… até de Hamburgo.

A campaña contará cun xurado que será o encargado de elixir o nome máis idóneo para elas, e que contará con voces expertas no mundo das hamburguesas:

_José Manuel Moza é chef e socio da cadea de burgers Beefcious, con 5 locais na Comunidade de Madrid, e achegará a súa expertise á hora de elixir o nome perfecto.

_Adriane Storch é unha muller nada en Hamburgo e ela mellor que ninguén coñece os segredos das hamburguesas, polo que non podía faltar no xurado.

_Joe Burger é un auténtico devorador de hamburguesas e participou nalgúns dos retos máis importantes dos que se celebran no noso país.

_Dafne Fernández é actriz, amante da alimentación saudable, do deporte, a moda e da vida sa. E das hamburguesas, por suposto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información