Campaña de vídeos da Inlac para pór en valor o traballo dos gandeiros de leite

A iniciativa da Interprofesional Láctea destaca a contribución das granxas na loita contra a España baleira, os incendios forestais, o cambio climático ou a degradación dos solos

Campaña de vídeos da Inlac para pór en valor o traballo dos gandeiros de leite

A Inlac escolleu un teléfono blanco como símbolo da campaña, coa que pretende acercar máis a realidade actual dos produtores ós consumidores.

A Organización Interprofesional Láctea (Inlac) acaba de lanzar unha campaña de información para pór en valor o traballo dos gandeiros e gandeiras do sector leiteiro en todo o territorio nacional, dado o seu papel estratéxico e esencial. “O obxectivo principal desta campaña é recoñecer aos gandeiros, unha figura non suficientemente valorada nin recoñecida”, subliñou a presidenta da Inlac, Charo Arredondo, á vez que destaca a necesidade de continuar lembrando as recomendacións científicas que aconsellan o consumo de tres lácteos ao día, como cantidade media aproximada. Aínda que, dependendo das necesidades de cada colectivo de poboación, a inxesta de lácteos indicada pode oscilar entre 2 e 4.

Segundo reiterou a presidenta, “queremos pór en valor, dar a coñecer e explicar os retos de cara ao futuro que está a asumir o sector lácteo, coa natureza e coa sociedade no seu conxunto, cos consumidores aos que nos debemos” comenta. “A campaña de información é unha idea que nace da reflexión de que o sector ten que ser escoitado”, alega Arredondo.

“A campaña de información é unha idea que nace da reflexión de que o sector ten que ser escoitado”

A iniciativa da Inlac recorreu a un símbolo, o teléfono lácteo de cor branca -o mesmo do leite, que ademais simboliza transparencia-, situado en distintas localizacións nas que traballa o sector: no medio dun prado dun pobo do norte de España, na praza dun pobo, nun cortello, nunha pequena empresa artesanal, nunha sala de muxido, nun laboratorio de investigación científica…. entre outros espazos.

Por suposto, nada mellor que os profesionais do sector lácteo para converterse nos interlocutores cos consumidores e ofrecerlle un maior coñecemento sobre o traballo no campo hoxe en día. “Seremos os propios gandeiros e gandeiras, os produtores de leite e queixos, veterinarios ou científicos quen daremos á sociedade española todas as respostas ás súas preguntas”, remarcou a presidenta de Inlac.

“Buscamos unha estratexia de dignificación e revalorización da actividade primaria do sector; pór en valor os aspectos socioeconómicos do sector lácteo; potenciar a promoción de orixe España e os aspectos de respaldo científico”, agrega a directora xerente da Interprofesional, Nuria M. Arribas. Trátase dunha tarefa profunda, porque o sector lácteo reivindica o seu papel estratéxico e esencial na sociedade. E queren ser escoitados.

Sostibilidade ambiental (Chantada, Lugo)

Gandería e medio rural (Lalín, Pontevedra)

‘Origen España’ (Taboada, Lugo)

Emisións da industria láctea (Ames, A Coruña)

Respostas a grandes preguntas sobre o lácteo

No marco da campaña, que conta con varios vídeos explicativos, como os anteriores, danse respostas a grandes preguntas como ¿Que achega a gandaría á sociedade e ao medio rural? ¿Ten algo que dicir o sector lácteo sobre a España baleira? ¿Como evolucionou o coidado dos animais nos últimos anos? ¿Cal é o papel da muller na gandaría? ou ¿Como garanten os produtores e a industria a seguridade e a calidade do leite e os produtos lácteos ata que chega ao consumidor final?

Sostibilidade e medio ambiente
Tamén hai resposta a outras dúbidas da sociedade: ¿Como evolucionou o sector lácteo español en materia de sustentabilidade e cal é o seu compromiso co medio ambiente? ¿Como é o día a día dos traballadores do sector lácteo? ¿En que se diferencian os produtos lácteos españois aos do resto do mundo?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información