Campaña de Leche Celta e de Vegalsa-Eroski para promocionar o leite de pastoreo

Campaña de Leche Celta e de Vegalsa-Eroski para promocionar o leite de pastoreo

O conselleiro do Medio Rural, José González durante a súa visita a unha granxa de Mesía

O conselleiro do Medio Rural, José González, destacou estes mércores a importancia da “unión entre todos os axentes do sector lácteo, para garantir o seu éxito”. Fíxoo na presentación da campaña comercial de Leche Celta Pastoreo e co selo Galega 100%, que tivo lugar no centro comercial Eroski Center de Betanzos.

O titular de Medio Rural destacou como unha “boa nova” esta iniciativa empresarial, na que se dan a man os diferentes axentes da cadea de valor do leite, desde os gandeiros ata o consumidor final, pasando pola industria e a distribución. Por este motivo, o conselleiro visitou tamén esta mañá unha explotación gandeira no concello coruñés de Mesía que entrega produto a Leche Celta e rematou o seu periplo na planta desta industria en Pontedeume.

A campaña de promoción permitirá coñecer o leite fresco e o de pastoreo de Leche Celta nos 228 establecementos que posúe Vegalsa-Eroski. O leite fresco preséntase en envases de 0,75 litros e o de pastoreo en botellas de 1 litro. Esta última está certificada por AENOR tanto en Leite de Pastoreo, cun mínimo de 120 días ao ano nos que a vaca ten que saír a pacer, como en Benestar Animal.

Un total de 100 ganderías de vacún de leite de Galicia subministran este leite de Pastoreo a Leche Celta que, ademais de en VegalsA-Eroski, tamén a está a vender en Lidl ou Carrefour, neste último cun prezo de 0,83 euros o litro.

CELTA_Conselleiro MR_Pontedeume I

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información