Máis de 1100 investigadores, profesionais do sector agrogandeiro, técnicos…etc. levan xa asinado o manifesto de apoio á investigación agraria en Galicia que dende hai unha semana se está a divulgar a través de internet.
A investigación agraria en Galicia conta cun longo e destacado percorrido, no que o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) ten desempeñado un papel fundamental. Porén, os promotores do manifesto advirten de que “esta labor está a verse gravemente comprometida polo abandono institucional, a falta de investimento sostido e a ausencia dunha planificación estratéxica a longo prazo”.
Le o seguinte manifesto en apoio á investigación agraria:
https://drive.google.com/file/d/1eSCMDGc8eesqDcmxA2LNLXUtLPBPGrL8/view
Aquí podes asinar o manifesto:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSezmQ6E9WlfUJ4WTuxxaBOt1dn5fdsNdXLMmnzvC9IuEd11hg/viewform
Galego









Control OJD