Cambios nas próximas axudas do Plan Renove para maquinaria agrícola

Cambios nas próximas axudas do Plan Renove para maquinaria agrícola

A directora xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Esperanza Orellana, sinalou que o sector da maquinaria está preparado para acompañar ao sector agrario na transición cara a un novo modelo produtivo máis sustentable, a través da agricultura de precisión, a dixitalización, o desenvolvemento de maquinaria para os cultivos de alto valor e as novas tecnoloxías.

Esperanza Orellana participou este venres na inauguración da Asemblea Xeral da Asociación Nacional de Maquinaria Agropecuaria, Forestal e de Espazos Verdes (Ansemat), a quen agradeceu a súa colaboración permanente co Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Na súa intervención, a directora lembrou que o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia conta cun programa de apoio para a “Agricultura de precisión e tecnoloxías 4.0”, por un importe de 79 millóns de euros, destinado a incrementar o uso das novas tecnoloxías.

6,55 millóns de axudas no novo Plan Renove: Novidades

Tamén indicou que o ministerio publicará en breve unha nova convocatoria do Plan RENOVE para maquinaria agrícola 2022, a primeira coas novas bases reguladoras, aprobadas polo Real Decreto 1055/2021, de 30 de novembro, cun total de 6,55 millóns de euros, dos que 2 millóns destinarase a máquinas de sementeira directa, e outros 4,55 millóns para o resto de maquinaria, tractores e automotrices.

Como novidades destacables na convocatoria de 2022, Orellana destacou que se aumentaron as contías da base das axudas e do total das mesmas, de acordo coas prioridades do ministerio neste ámbito para que aumente a seguridade no traballo, se aposte por maquinaria cada vez máis eficiente enercéticamente.

Ademais, inclúense nesta convocatoria as trituradoras de residuos de colleita e poda, os equipos automotrices de manipulación e carga, así como os tractores eléctricos. Tamén se admiten outro tipo de adquisicións de maquinaria como “leasing” ou “renting2, cada vez máis frecuentes entre gandeiros e agricultores.

Doutra banda, se esgotado o prazo de solicitude quedasen fondos dispoñibles en calquera das dúas liñas, poderanse utilizar para satisfacer a lista de espera da outra liña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información