Cambios nas axudas da Xunta para asesoramento ás explotacións gandeiras

Cambios nas axudas da Xunta para asesoramento ás explotacións gandeiras

A Consellería de Medio Rural publicará o vindeiro luns no Diario Oficial de Galicia a convocatoria das axudas para fomentar o asesoramento técnico ás explotacións agrarias e gandeiras.

A liña, dotada con 3 millóns de euros, presenta cambios con respecto ás anteriores convocatorias. Os beneficiarios serán entidades privadas que axuden a agricultores e gandeiros a mellorar a xestión sustentable e o rendemento global do seu traballo.

Así, pasan a establecerse tres modalidades de servizos de asesoramento (básico, intermedio e integral), cunha duración máxima dun ano. O servizo será gratuíto para o gandeiro ou agricultor, e a axuda aboaráselle á entidade de aconsellamento en función destes tipos de prestación.

O que se persegue, por unha banda, é que labregos e gandeiros sexan máis conscientes da relación entre as prácticas agrícolas e a xestión das explotacións e, por outra, que se apliquen no cumprimento das normas en materia de ambiente, cambio climático, boa condición agrícola da terra, seguridade alimentaria, saúde pública, sanidade animal, fitosanidade e benestar animal. Así mesmo preténdese fomentar o asesoramento integral, no que se inclúe a xestión estratéxica de explotacións.

¿Que inclúe cada nivel de asesoramento?

No nivel de asesoramento básico, o alcance do servizo comprende materias relacionadas coa obrigas derivadas dos requisitos legais de xestión e boas condicións agrarias e medioambientais, así como a titorización dos agricultores que se instalen por primeira vez, axudándolles na posta en práctica do seu plan empresarial.

O asesoramento intermedio incorpora, ademais, aspectos relacionados coa modernización das explotacións, consolidación da competitividade, integración sectorial, innovación e orientación ao mercado, entre outros.

Por último, a modalidade integral pretende ofrecer ao titular da explotación un servizo máis completo, dirixido á mellora do seu rendemento global, mediante a elaboración, posta en práctica e seguimento dun Plan estratéxico de asesoramento. Este plan estratéxico xa se definiu nun curso que impartiu a USC o ano pasado no que os asistentes puideron coñecer e poñer en práctica o método PerfEA (Francia).

Importe da axuda

Resolución: 5 meses contados a partir da data de remate do prazo de solicitude.

AXUDAS_ASESORAMENTO_2 AXUDAS_ASESORAMENTO_1

Estas achegas para servizos de asesoramento forman parte do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 e están cofinanciadas con fondos Feader nunha porcentaxe do 75%, nun 7,5% pola Administración xeral do Estado e nun 17,5% pola Xunta.

-Pagos á conta: porcentaxe máxima que se pode solicitar será de 1/3 da axuda concedida.
-Obrigatorio constituír unha garantía (110%) se o pago supera os 18.000 euros.

Criterios de prioridade para acceder ás axudas

Os criterios de prioridade das explotacións para acceder a este asesoramento serán os seguintes:

AXUDAS_ASESORAMENTO_2

Desta maneira se pretende fomentar as entidades de pequeno tamaño, que teñan unha menor carga de traballo (nº de explotacións / técnico), así como aquelas con recentes investimentos de importancia (incorporacións e plans de mellora). Aínda así, destácase a falta de prioridade das explotacións ecolóxicas, incumprindo así o recentemente presentado Plan Estratéxico da Agricultura e Gandería Ecolóxica de Galicia. O sector espera que esta eiva se corrixa antes da súa publicación no DOG.

Formación de asesores

Tamén, en relación con este eido do asesoramento, a Xunta empezou este ano a financiar, por primeira vez, a formación de asesores por todo o territorio galego, para mellorar a competitividade do agro. Medio Rural destina a estas accións formativas preto de 200.000 euros ata 2020, co obxectivo de chegar a un total de 150 asesores, que realizarán un total de 44 cursos. A Universidade de Santiago (USC) é a encargada de coordinar a formación, que se imparte baixo os estándares e cos requisitos do sistema europeo de certificación Cecra (Certificado de consultores en áreas locais).

Este modelo céntrase en mellorar as capacidades e habilidades persoais, metodolóxicas e de comunicación dos asesores rurais, co fin último de fomentar a modernización, rendibilidade e sustentabilidade das explotacións agropecuarias. Así pois, trátase de garantir a calidade do servizo de formación a asesores, que pasa por asegurar a súa boa capacitación a nivel técnico e unha axeitada cualificación profesional.

A Consellería tamén anunciou unha formación específica sobre os puntos concretos das tres modalidades de asesoramento que se describen na orde de axudas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información