Cambios na fiscalidade e nas cotizacións de agricultores e gandeiros en 2018

Cambios na fiscalidade e nas cotizacións de agricultores e gandeiros en 2018

Para 2018 non hai novidades salientables en canto ao réxime fiscal de agricultores e gandeiros, segundo destacan desde o Ministerio de Hacienda y Función Pública.

Unicamente, prorrogouse a 2018 o réxime de módulos en IRPF e o Réxime Especial da Agricultura Gandaría e Pesca (REAGP) de IVE no Real Decreto aprobado o pasado venres, 29 de decembro.

Deste xeito, os agricultores e gandeiros tributarán igual que o ano anterior (https://www.boe.es/boe/dias/2017/12/30/pdfs/boe-A-2017-15836.pdf). Non haberá modificacións no actual limiar de gastos de 250.000 euros.

Tampouco hai novidades que afecten ao campo galego na Orde de módulos (http://www.boe.es/buscar/doc.php?ide=BOE-A-2017-13896), que só introduce un cambio na actividade do arroz.

A tarifa plana de 50 euros pasa a un ano

A finais de ano publicouse a Lei de reformas urxentes do traballo autónomo pola que se amplía a chamada “tarifa plana”, tamén para agricultores e gandeiros. Así, a partir do 1 de xaneiro de 2018 amplíase a 12 meses, fronte aos 6 actuais, a cota á Seguridade Social de 50 euros (“tarifa plana”) a favor dos autónomos que causen alta inicial no RETA ou non estivesen en alta no mesmo nos dous anos anteriores, .

Por outra banda, a partir deste mes de xaneiro a idade de xubilación atrásase ata os 65 anos e seis meses, agás para quen cotizasen 36 anos e seis meses ou máis, nese caso poderían retirarse aos 65 anos. A maioría dos agricultores e agricultoras que agora se xubilan comezaron a cotizar moi cedo, polo que adoitan estar dentro do grupo de quen se xubilan con 65 anos.

Para os que se xubilen no 2018, calcúlaselle o importe da pensión tendo en conta a cotización dos últimos 21 anos. O incremento das pensións para o ano 2018 é de tan só o 0,25 por cento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información