A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A calidade e seguridade alimentaria de Nanta vese reforzada coa obtención da FSSC 22000

A empresa de nutrición animal obtivo recentemente a certificación FSSC 22000 en oito das súas fábricas en España e Portugal. Trátase da máxima certificación de xestión da seguridade alimentaria dentro da categoría ‘Production of Feed’. Concedida por AENOR, é a primeira vez que se outorga a unha empresa de produción de pensos compostos

A calidade e seguridade alimentaria de Nanta vese reforzada coa obtención da FSSC 22000

A FSSC 22000 é unha certificación voluntaria que supón unha ampliación importante do sistema de xestión da seguridade alimentaria ISO 22000, un paso máis no compromiso de Nanta coa mellora continua, que reforza a confianza de todos os seus ‘stakeholder’, contribuíndo á satisfacción dos seus clientes, que esperan moito da calidade e dos resultados dos pensos de Nanta.

Unha oportunidade para xerar aínda máis confianza
Esta maior esixencia no control da seguridade alimentaria supón unha garantía adicional para os produtos da compañía e unha mellora nos procesos. “Neste sentido -explica Jesús Lisazo, director de Nutrición, Calidade e Formulación de Nanta-, súmanse requirimentos máis concretos e precisos, polo que a certificación FSSC 22000 constitúe unha oportunidade para mellorar o noso sistema e xerar confianza”.

“En Nanta gústanos dicir que falamos de calidade e que o demostramos día a día” ( Jesús Lisazo, director de Nutrición, Calidade e Formulación)

Coa obtención da FSSC 22000, Nanta reforza ademais o liderado de certificacións de seguridade alimentaria no sector de pensos compostos, cun selo máis completo e esixente. “É unha certificación que vai axudar aos nosos clientes a avanzar cos seus produtos na cadea de alimentación” -comenta Lizaso-, “xa que está perfectamente aliñada co que os consumidores finais esperan dos produtos alimentarios”.

Implicación de todo o equipo
Contar con esta nova certificación é un claro valor engadido para a compañía, que tivo que adaptar as súas actividades, procedementos e tarefas para dar cumprimento aos requisitos contidos na nova versión 2018 da norma ISO-22000 (a anterior era do 2005), todos os requirimentos da norma ISO/TS 22002_6:2016, que é unha especificación técnica específica para prerrequisitos no sector da alimentación animal, e outros requirimentos adicionais da FSSC.

Así, involucrouse a todos os departamentos e empregados, dedicando recursos á súa formación, para garantir o manexo e aplicación dos novos protocolos, tarefas e procedementos establecidos, e cumprir desta forma cos novos estándares de calidade.

Calidade: unha constante na historia de Nanta
A obtención da FSSC 22000 coincide co 25 aniversario da obtención da primeira certificación de Calidade de Nanta, coa que a empresa tamén foi pioneira no sector da alimentación animal.

Así, en 1995 Nanta foi o primeiro fabricante español de pensos compostos para gandaría en conseguir a certificación de calidade ISO 9001 por parte de AENOR. Tratábase entón dun dos esquemas de calidade máis recoñecidos internacionalmente, que acreditaba que Nanta implantara un sistema de xestión que aposta pola eficacia, a calidade e a mellora continua como camiño para alcanzar a excelencia no servizo ao cliente.

Nanta xa fora pioneiro no ano 1995 na obtención do primeiro certificado de calidade ISO 9001 nun fabricante español de pensos compostos

“O Certificado ISO 9001 de AENOR supuña unha melloría importantísima na xestión, tanto a nivel de produción como empresarial. Levounos a crear procedementos estándares e a facer que todos traballásemos co mesmo tipo de información, e na mesma dirección”, explica Pedro Cordero, Director Xeral de Nanta.

Durante estes máis de 25 anos, Nanta continuou traballando no seu compromiso polo coidado de todos os procesos para un sistema de calidade excelente. A compañía implantou a primeira rede NIR en España, en Europa e practicamente a nivel mundial. Quince anos despois é unha práctica habitual no sector de pensos compostos.

A compañía tamén foi pioneira na obtención, no 2008, do certificado AENOR ISO-22000 de Xestión da Seguridade Alimentaria, o que evidencia ante toda a cadea alimentaria que, entre outras actividades, a compañía planifica, implementa, opera, mantén e actualiza un sistema de xestión da inocuidade dos alimentos destinado a proporcionar produtos que sexan seguros para os animais e, polo tanto, para o consumidor final.

“Agora, a FSCC 22000 vén por tanto a consolidar -finaliza o director de Nutrición, Calidade e Formulación de Nanta- a aposta firme da compañía pola calidade certificada en todas e cada unha das diferentes etapas do proceso de produción, así como na loxística do almacenamento e a entrega do produto, coa necesaria colaboración e coordinación de todos os que traballamos na compañía na incesante procura diaria da mellora continua. En Nanta gústanos dicir que falamos de calidade e que o demostramos día a día”.

Acerca de Nanta

Nanta logo estandar

Englobada dentro da multinacional Nutreco, Nanta é a compañía líder na fabricación e comercialización de pensos compostos na Península Ibérica. Comezou a súa actividade en 1968 e desde entón o alto grao de compromiso cos seus clientes e o mundo da produción gandeira en xeral, a tecnoloxía empregada e os seus programas de I+D+i e calidade supuxeron un auténtico motor de avance para este sector industrial. Unha clara vocación e aposta pola innovación que a compañía mantén e manterá no futuro.

No seu portfolio de máis de 200 produtos atópase unha completa gama de pensos de elevada calidade para a alimentación de vacún de leite e vacún de carne, que cobren as diferentes necesidades segundo a idade e fase produtiva dos animais.

Así, no caso do vacún de leite destaca o programa de alimentación de tenreiras Recría con Prima, fundamentado nos pensos Novalac e os lactoremplazantes Nantamilk. No vacún de carne, o programa de alimentación Opticar está destinado a tenreiros lactantes, en crecemento e en cebo, ademais de destacar o sistema integral de xestión Optibeef.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *