¿Cales foron as mellores ganderías de vacún de leite de Galicia en 2016?

¿Cales foron as mellores ganderías de vacún de leite de Galicia en 2016?

Vacas da gandería Vidueira, en Ortigueira

A Federación Frisona Galega (Fefriga) ven de facer públicos os recoñecemento ás mellores ganderías de vacún de leite e ás mellores vacas no ano 2016.

Con estas distincións honoríficas, a Federación Frisona Galega desexa promocionar e render homenaxe aos criadores que co seu esforzo, dedicación e profesionalidade, máis se distinguiron durante o pasado ano.

Mellores Produtoras de Galicia 2016 – Primeirizas

Concédese este recoñecemento ás 20 mellores primeirizas que, non superando os 30 meses de idade no momento do parto, remataran a súa lactación (normalizada a 305 días) no 2016.

FEFRIGA_2017_1

Mellores Produtoras de Galicia 2016 – Vacas

Concédese este recoñecemento ás 20 vacas de 2 ou máis partos que na lactación (normalizada) rematada no 2016, máis quilos de Leite produciron.

FEFRIGA_2017_2

Mellores Producións Vitalicias de Galicia 2016

Dada a importancia que ten para os criadores a lonxevidade das súas reprodutoras, concédese título de recoñecemento a todas aquelas femias que, tendo rematado unha lactación no 2016, acadaran ao longo da súa vida, unha produción de leite igual ou superior aos 100.000 Kg. de leite.

FEFRIGA_2017_31 FEFRIGA_2017_32 FEFRIGA_2017_33 FEFRIGA_2017_34 FEFRIGA_2017_35

Mellores Explotacións de Galicia 2016 por produción

Concédese diploma ás 20 explotacións que, cun mínimo de 17 lactacións (normalizadas) rematadas en 2016, obtiveran as mellores medias de produción (Kg. de Leite) de Galicia.

FEFRIGA_2017_4

Mellores Explotacións de Galicia por cualificación 2016

Outórgase diploma ás 20 mellores explotacións por media de cualificación morfolóxica. Para a concesión deste recoñecemento as explotacións deben cumprir os seguintes requisitos:

– Contar con 17 ou máis reprodutoras cualificadas.
– Ter cualificadas máis do 90% das femias maiores de 36 meses.
– Non superar o 5% de Reprodutoras inscritas no Rexistro Auxiliar “A”

FEFRIGA_2017_5

Mellores Explotacións de Galicia por ICO 2016

Outórgase título de recoñecemento ás 10 mellores explotacións por Índices Xenéticos (ICO), de cada unha das seguintes categorías: de 17 a 75 reprodutoras e de máis de 75 reprodutoras.

Para a súa concesión tívose en conta que, na avaliación xenética de Novembro de 2016, as explotacións galardoadas cumpriran os seguintes requisitos: ter 17 ou máis reprodutoras, non superar o 5% de vacas no Rexistro Auxiliar “A” e ter máis do 75% das reprodutoras maiores de 36 meses valoradas xenéticamente.

FEFRIGA_2017_6

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información