Calendario abelleiro de verán

Artigo de Xesús Asorey, secretario da Asociación Galega de Apicultura (AGA). Consellos para o coidado das abellas durante esta época do ano, cando os apiarios rexistran a máxima actividade.

Calendario abelleiro de verán

Apicultor inspeccionando as colmeas.

No verán as abellas seguen metendo néctar que carrexan das flores nos alvéolos dos panais, xa van selando o mel e o acopio de néctar empeza a diminuír, sobre todo se hai seca ou fai moita calor coma este ano. Teñamos en conta que a máxima actividade das abellas ten lugar entre os 15 e os 25 grados de temperatura.

O apicultor, cando o mel está selado, xa pode comenza coa esmelga. Este é o traballo máis duro do abelleiro, de aí a importancia de ter o apiario asentado nun lugar cómodo e de fácil acceso. Lembrarse de deixarlle ao enxame mel dabondo para pasar o inverno, uns 15 quilos de promedio.

Hai que vixiar que haxa cerca do apiario auga corrente xa que as abellas precisan auga para refrixerar a colmea e para beber, sobre todo cando fai tanta calor.

 “Débense deixar uns 15 kilos de mel por enxame para que pase o inverno”

Tamén é importante tomar conciencia da importancia de separar o mel por flores para obter meles monoflorais que teñen máis valor comercial. Este ano houbo bastante boa colleita de queirogas de primavera, erica umbellata e erica arbórea, sen embargo parece que vai ser escasa a colleita do verán de castiñeiro e silva por mor da seca. Agora xa está comenzando o acopio de melato de carballo rebolo, quercus pirenaica, cuxas floracións viñeron adiantadas debido ás condicións meteorolóxicas.

Ollo coa vespa velutina, que xa ten colonizada toda a Galicia costeira e se vai adentrando seguindo os leitos dos ríos e están empezando a facer os niños secundarios. De avistar algún niño, débese chamar ao 112 para notificalo e que o vaian retirar.

Se damos a tempada por finalizada, ao facer a esmelga xa podemos desparasitar as abellas contra a varroa, apoiar os enxames tardíos que están escasos de reservas para pasar o inverno, eliminar enxames con problemas sanitarios ou de agresividade máis alta do normal.

Se ten dúbidas pode chamar a AGA. Tel 981 589534

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información