A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Calcimag Flow, a única caliza líquida que se pode mesturar co xurro

O Grupo Soaga comercializa a única enmenda do mercado que se aplica con cisterna no momento de abonar, o que aforra custos ás ganderías e mellora a capacidade fertilizante do abono orgánico

Calcimag Flow é unha caliza líquida que ofrece numerosas vantaxes para as ganderías. A primeira é que o produto se mestura co xurro na balsa e aplícase despois no campo conxuntamente co abono orgánico, nunha única pasada de cisterna, co consecuente aforro de tempo, traballo e combustible.

Beneficios e características

Presentación: A enmenda líquida, composta por carbonato de calcio en suspensión, destaca pola súa finura de moenda, o que favorecerá que se logre unha disolución homoxénea na balsa, sen decantación do produto. O produto suminístrase en camión cisterna.

Melloras na nutrición do cultivo: Calcimag Flow mellora o pH do chan, aumenta o nitróxeno dispoñible para o cultivo e estimula o crecemento microbiano no solo.

Redución de cheiros e de emisións de amoníaco.

Pradera de triticale abonada con Calcimag Flow (esquerda) e sen el (dereita).

Pradera de triticale abonada con Calcimag Flow (esquerda) e sen el (dereita).

Recomendacións de uso

Dose: A reactividade deste produto é moi superior á dun carbonato cálcico convencional, de xeito que 500 kg de Calcimag Flow equivalen aproximadamente a 1.800 kg de carbonato cálcico estándar.

Momento óptimo de incorporación á fosa de xurro: O produto pode incorporarse á balsa xusto antes da súa aplicación no campo, aínda que desde Soaga, que distribúe o produto en Galicia, recoméndase un período de permanencia na fosa de xurro de 4 a 8 semanas, con batidos periódicos.

Máis información: Sociedad Agrícola Gallega, SL (SOAGA)

Teléfono: 986 51 60 30

Email: soaga@soaga.com

Calcimag granulado, unha caliza con magnesio e oligoelementos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *