As explotacións gandeiras enfróntanse na actualidade a importantes desafíos relacionados coa saúde e o benestar animal. Un deles ten que ver coa hixiene, piar fundamental da produción gandeira pola súa influencia na produtividade e a rendibilidade das granxas.
Un espazo limpo e cómodo para os animais contribúe a reducir a incidencia de enfermidades e a manter a calidade e a seguridade dos alimentos que se xeran a partir deles.
Unha boa hixiene comeza pola cama. A presenza de humidade en camas é o campo de cultivo perfecto para o desenvolvemento de patóxenos e predispón aos animais á aparición de problemas de saúde.
Entre os máis temidos polos gandeiros atópanse as mamites, unha das enfermidades máis comúns en explotacións, principalmente as orientadas á produción de leite. Trátase da inflamación da glándula mamaria da vaca, o que compromete seriamente á calidade e á cantidade do leite que produce. Isto ten importantes consecuencias negativas na rendibilidade da granxa.
A humidade é tamén o principal factor responsable da produción de amoníaco, que provoca gran parte das enfermidades respiratorias.
Calcicar, a solución de De Heus
Un bo deseño das camas permite que o mantemento poida efectuarse con máis axilidade e con notables melloras na hixiene. Con ese obxectivo, De Heus posúe no seu portfolio Calcicar, un secante antiséptico para calquera tipo de cama de palla, serrín, cubículos de goma etc., de fácil manexo e sen efectos secundarios. Con esta ferramenta, o gandeiro poderá mellorar a sanidade na súa explotación, previr enfermidades e, en consecuencia, reducir o uso de antibióticos.
Son moitos os beneficios que presenta Calcicar. Este secante antiséptico proporciona maior confort ambiental e mellor estado sanitario do animal, ademais de:
- Elimina bacterias por cambios de pH na superficie da cama.
- Reduce considerablemente o custo de patoloxías na explotación.
- Prevén as mamites ambientais.
- Minimiza e facilita a limpeza da cama.
- Diminúe o índice de mortalidade nas primeiras idades.
- Aumenta a calidade do esterco para a súa posterior emenda.
- Permite a redución de ata o 100% de palla, serrín ou outros produtos.
A dosaxe de Calcicar depende do recinto para tratar. En cubículos, a cantidade recomendada é de 1 kg por vaca e día; en currais de palla, 1,5 kg por vaca e semana, repartidos en, polo menos, 3 dose semanal. Ademais, en pre e posparto recoméndase engadir 3 kg de Calcicar por vaca e semana, repartidos en, polo menos, 3 doses semanais.
Se quere coñecer máis sobre este produto, consulte a ANFER Agro Chantada, distribuidor de Calcicar en Galicia.