Caixa Rural Galega celebrou a súa Asemblea Xeral anual en Lugo coa presenza do Consello Reitor da cooperativa de crédito, presidida por Manuel Varela, e os representantes das Xuntas Preparatorias celebradas durante estas últimas semanas nas localidades de Ribadeo, Chantada, Santiago de Compostela, Cambados e Lugo.
O punto máis relevante da orde do día foi a aprobación das contas do exercicio 2025, das que destaca un beneficio neto algo superior aos 32 millóns de euros, o que supón un lixeiro incremento respecto do exercicio 2024, algo superior ao 1 %, pero que serve para volver a bater unha nova marca de beneficio para a Entidade con sede en Lugo.
As contas recollen uns activos que superan os 2.667 millóns de euros e que supón un crecemento algo superior ao 14 % respecto do ano anterior. Os depósitos de clientes acadan os 2.392 millóns de euros, cun crecemento no exercicio de máis de 270 millóns, mentres a inversión crediticia supera por primeira vez os 1.039 millóns de euros, en termos netos, cun crecemento por riba dos 140 millóns de euros.
A morosidade pechou o exercicio no 2,11 %, continuando cunha evolución satisfactoria ao reducirse respecto do exercicio anterior e manténdose substancialmente por baixo da media do sector.
A ratio de solvencia acada o 22,97 % cunha mellora de preto de dous puntos respecto do ano anterior debido ao excepcional resultado, o que mantén un nivel en torno ao dobre do requirido polo regulador. Esta mellora afianza a fortaleza da entidade de cara seguir medrando no futuro.
A Asemblea propuxo a Ana Rodríguez Muradás como novo membro do Consello Reitor
Este incremento é debido fundamentalmente a menores necesidades de dotacións a provisións así como melloras sostidos de eficiencia. Pola contra, o marxe bruto foi algo inferior a 2024, reducíndose en algo más do 6%, debido á evolución á baixa dos tipos de interese experimentada ao longo do exercicio, e pese aos crecementos de volume xestionado.
Consello reitor
Outro punto relevante da orde do día foi o relevo no Consello Reitor de Aquilino Rodríguez López tras 24 anos como membro do mesmo. A Asemblea propuxo a Ana Rodríguez Muradás como novo membro, que será a cuarta muller incorporada ao Consello Reitor de Caixa Rural Galega no momento en que tome posesión do cargo.
No evento destacouse que Caixa Rural Galega pechou un exercicio 2025 novamente cun resultado extraordinario, que adquire aínda maior relevancia se o situamos nun contexto económico caracterizado pola incerteza, a volatilidade dos mercados e os desafíos derivados do contexto internacional.
En relación ao futuro, salientouse que os retos que ten por diante a Entidade, como a dixitalización ou o complexo contexto económico, afrontaranse desde unha posición de fortaleza, cunha base sólida e coa confianza que lle outorgan os resultados acadados. Uns resultados que son froito dun esforzo colectivo compartido entre socios, equipo humano e órganos de goberno, e que permitirá á Entidade seguir avanzando con garantías nos próximos anos.
Galego








Control OJD