Caixa Rural Galega asinou un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para facilitar o financiamento destinado á promoción e construción de vivendas protexidas de promoción pública. Este acordo, cunha vixencia de catro anos, permitirá ofrecer préstamos para a construción ou promoción de fogares públicos e a subrogación dos devanditos préstamos a favor das persoas adxudicatarias, garantindo sempre a protección permanente dos inmobles.
Con esta colaboración, Caixa Rural Galega reforza o seu compromiso co desenvolvemento social e económico de Galicia, contribuíndo a que máis familias accedan a unha vivenda digna e alcanzable. O convenio establece liñas de financiamento tanto para proxectos xestionados pola Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) como polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
“En Caixa Rural Galega cremos na importancia de apoiar iniciativas que melloren a calidade de vida das persoas e fomenten a cohesión territorial. Este acordo permítenos seguir traballando por un futuro máis sostible e accesible para todos”, destacou o director xeral de Caixa Rural Galega, Jesús Antonio Méndez Álvarez-Cedrón.
Galego





Control OJD