A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Caixa Rural Galega fai entrega das doazóns da Volta en Verde organizada polo equipo ciclista que copatrocina

O equipo Caja Rural-Seguros RGA e os seus patrocinadores principais expuxeron un reto dixital por cada etapa da Volta Ciclista para convertelo nunha doazón

Caixa Rural Galega fai entrega das doazóns da Volta en Verde organizada polo equipo ciclista que copatrocina

Momento da entrega da doazón á asociación Amigos de Galicia

Con motivo do paso da Volta a España por Galicia, Caixa Rural Galega, xunto ao equipo ciclista Caja Rural-Seguros RGA, lanzaron un “reto sostible e solidario” nas súas redes sociais para cada unha das tres etapas que discorreron por Galicia. Así, se se conseguían 1.000 likes en redes, estes transformaríanse nunha doazón de 2.000€ para unha institución ou proxecto con carácter social ou sostible.

A Asociación PRODEME, a Fundación Amigos de Galicia e a Cociña Económica de Santiago de Compostela foron as beneficiarias destes retos. Ademais, estas accións contaron coa inestimable colaboración duns padriños moi notorios que deron difusión aos retos que nos tres casos foron superados. Así, para o reto da etapa con meta en Monforte colaborou Salva Arco, ex-xogador do Breogán e actual responsable da sección social do club lucense. A etapa con meta en Mos contou coa colaboración de Óscar Pereiro, ex-ciclista profesional cun Tour de Francia no seu palmarés e natural da localidade. Co reto da etapa final con meta en Santiago de Compostela colaborou Jorge Coira, guionista e director de cinema.

A Asociación PRODEME recibiu a doazón en mans da súa presidenta Dolores Diéguez nas súas instalacións de Monforte de Lemos, coa presenza de Salva Arco, padriño do reto, José Manuel López, Director Comercial e Borja Rodríguez, Director da oficina de Monforte de Lemos de Caixa Rural Galega.

A Fundación Amigos de Galicia recibiu a súa doazón nas súas instalacións de Lugo coa presenza do seu Director Xeral Jesús Busto e coa Presenza de Jesús  Mendez, Director Xeral de Caixa Rural Galega e José Manuel López, Director Comercial onde ademais se repartiron mochilas con material escolar que foi el destino del importe doado.

O administrador Javier Bage e a Directora de Cociña Sor Alicia Lourido recibiron a doazón a favor da Cociña Económica de Santiago de Compostela da man de Yolanda Vaamonde e Pedro Pita da oficina de Santiago de Compostela de Caixa Rural Galega.

Todos os beneficiarios mostraron o seu agradecemento pola colaboración e a visibilidade que lles supuxo a acción, así como aos padriños pola súa implicación para alcanzar os retos e así conseguir as doazóns. As visitas serviron para coñecer de primeira man as actividades destas institucións con fins sociais, cuxa actividade posiblemente non é do todo coñecida e recoñecida pola sociedade pero que desempeñan un labor fundamental de apoio aos máis desfavorecidos, xa sexa por cuestións de saúde ou dunha situación económica vulnerable.

Sobre as institucións beneficiarias

Asociación PRODEME

Situada en Monforte de Lemos, o seu fin básico responde á necesidade de dar resposta á problemática das persoas con discapacidade psíquica, calquera que sexa o seu grao, idade ou sexo, promovendo e xestionando apoios e servizos personalizados ao longo do ciclo vital, que contribúan a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias.

Fundación Amigos de Galicia

Con instalacións en varias localidades de Galicia, a súa misión é a atención ás persoas en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social, promovendo na medida do posible a súa inserción na sociedade no mercado laboral.

Cociña Económica de Santiago de Compostela

A Cociña Económica de Santiago, foi promovida por un grupo de veciños de Santiago, en abril de 1891 e a súa actividade principal na actualidade é a de comedor social, ademais dun centro de día para recibir e proporcionar un lugar de repouso, aseo e asesoramento a persoas vulnerables ou con escasos recursos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *