A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Caixa Rural Galega doa 5 toneladas ós Bancos de Alimentos de Lugo e Ourense

O Banco de Alimentos de Lugo recibiu 2.311 quilos de comida e o de Ourense 2.373 quilos grazas aos centos de voluntarios que pedalearon solidariamente na Volta Ciclista a España

Caixa Rural Galega doa 5 toneladas ós Bancos de Alimentos de Lugo e Ourense

Un momento del acto de entrega en el Banco de Alimentos de Lugo.

Con motivo da celebración da Volta Ciclista a España, na que participou o equipo Caja Rural-Seguros RGA, Caixa Rural Galega trouxo a Galicia o proxecto Bicicleta Solidaria, que permitiu conseguir máis de catro toneladas e media de alimentos que irán parar ás familias máis necesitadas de Lugo e Ourense.

Concretamente, na provincia de Lugo realizáronse dúas Fan Zone coas Bicicletas Solidarias en Lugo e Monforte de Lemos, polas que o Banco de Alimentos de Lugo recibirá unha doazón realizada por Caixa Rural Galega que equivale a 2.311 quilos de comida. Na provincia de Ourense celebráronse outras dúas bicicletas solidarias en Celanova e a capital, que recadaron 2.373 quilos de alimentos que xa recibiu o Banco de Alimentos de Ourense. Todo isto grazas ao esforzo dos afeccionados que pedalearon sobre as Bicicletas Solidarias.

Este é o cuarto ano que se desenvolve a iniciativa Bicicleta Solidaria, un proxecto realizado conxuntamente entre Seguros RGA, o Grupo Caja Rural e a Federación de Bancos de Alimentos, no que o público asistente ten á súa disposición 3 bicicletas Fuji Transonic do equipo ciclista Caja Rural-Seguros RGA para pedalear solidariamente e conseguir así alimentos que as Caixas Rurais doan ao Banco de Alimentos a razón de 1 quilo de comida por cada quilómetro pedaleado. Así, Caixa Rural Galega doou 2.311 quilos de comida ao Banco de Alimentos de Lugo e 2.373 quilos ao Banco de Ourense.

Ademais das 3 bicicletas profesionais, os máis pequenos tamén tiveron a posibilidade de pedalear solidariamente en 2 bicicletas conectadas a un videoxogo, achegando así os seus quilómetros solidarios.

O proxecto Bicicleta Solidaria do Grupo Caja Rural acumulou ao longo da Volta Ciclista a España case 15 toneladas de alimentos e no que vai de ano, suma un total de case 25 toneladas en diversos eventos deportivos e sociais ou culturais ao longo da xeografía nacional.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *