A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Caixa Rural Galega celebra o Día Solidario duplicando a súa achega a Cáritas

Todas as entidades do Grupo Caixa Rural e o equipo ciclista Caixa Rural-Seguros RGA celebran o Día Solidario cunha aportación solidaria. Doan o 20% das pólizas de seguros vendidas nesa xornada ó programa de Acollida e Atención Primaria de Cáritas

Caixa Rural Galega celebra o Día Solidario duplicando a súa achega a Cáritas

Equipo de Caixa Rural Galega coa imaxe identificativa do Día Solidario, a man verde.

Todas as entidades que forman o Grupo Caixa Rural e o equipo ciclista Caixa Rural-Seguros RGA uníronse para achegar o seu gran de area a un proxecto solidario. O Día Solidario, que conta co apoio e a implicación de todos os empregados do Grupo Caixa Rural, tivo lugar o xoves 29 de setembro. Esta vez, debido á situación socioeconómica, o Grupo apostou por duplicar a súa achega, doando o 20% das pólizas de seguros que se venderon ese día.

O obxectivo do Grupo é colaborar co labor de Cáritas a través do seu Programa de Acollida e Atención Primaria, un programa que cobrou especial relevancia na actualidade, coas economías familiares afogadas pola situación económica e coas dificultades derivadas da guerra de Ucraína.

Para dar visibilidade á acción, dende o Grupo Caixa Rural traballaron nunha imaxe identificativa do Día Solidario. Trátase dunha man cos dedos índice e corazón levantados formando unha V. É un símbolo de paz, solidariedade e vitoria, o xesto que une ao Grupo Caixa Rural, porque representa:
-O símbolo mundial da paz, que vai da man da solidariedade do Grupo Caixa Rural.
-A vitoria e o éxito, tanto do equipo Caixa Rural-Seguros RGA como do Grupo.
-A V da cor verde que identifica o Grupo Caixa Rural.

“Caixa Rural Galega e o resto de entidades que forman Grupo Caixa Rural, ademais dos seus empregados, deron visibilidade aos vídeos e imaxes co xesto do Día Solidario en redes sociais e nos seus perfís de Whatsapp, facendo que a solidariedade e o labor social sexa a protagonista deste día”, indican dende a entidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *