Caída do vacún maior e da recría frisoa en Silleda

As vacas de categoría Extra perden 250 euros e páganse a 2.300 euros de media. No caso dos becerros, os xatos pintos caen 30 euros de media, mentres que os cruzados recuperan 50 euros

Segue baixando a recría frisoa en Silleda, onde os becerros pintos cotizaron esta semana entre 122 e 193 euros, en función da súa idade, o que representa uns 30 euros menos de media por animal con respecto á primeira semana de agosto, xa que o pasado martes non houbo poxa de becerrros de recría na Central Agropecuaria de Galicia, ao estar próximo o festivo o día 15. 

No que respecta aos cruzamentos industriais, pola contra, a tendencia foi á alza, gañando 50 euros os becerros máis pequenos, os de 15 a 20 días, e 60 euros os de máis de tres semanas. Os de máis de 50 días mantiveron as cotizacións da sesión anterior, pagándose de media a 660 euros. 

Silleda 18-8-26 recria

En canto ós xatos pasteiros non foron quen de manter os valores da semana pasada, con caídas de máis de 100 euros en animal nos de raza de cruzamento industrial e de 70 euros para os xatos de raza rubia galega. 

Silleda 18-8-26 pasteirosA mesma tendencia de correción de prezos, logo da suba da semana pasada, viviron os becerros carniceiros, salvándose unicamente os xatos de raza Rubia galega, que lograron revalorizarse debido á calidade dos animais presentes este martes na feira de Silleda. No resto de animais, déronse caídas de 20 euros nos machos de cruzamento industrial e de case 100 euros nas femias. 

Silleda 18-8-26 becerros carniceirosDesta tónica xeral de baixada das cotizacións non se salvou tampouco o vacún maior, con descenso duns 250 euros para as vacas de categoría Extra, que caen aos 2.300 euros de media, e lixeira suba das vacas de categoría Primeira, que lograron revalorizarse uns 25€ durante a sesión, pagándose a 1.360 euros de media. 

Silleda 18-8-26 vacun maior

Mesas de prezos
No que respecta ás mesas de prezos do resto de especies gandeiras, destaca por segunda semana consecutiva a suba do porcino, tanto no caso dos animais cebados coma dos de recría. Os bacoriños gañaron tres euros esta semana, tanto para os de procedencia única como os que veñen de varias granxas diferentes, pagándose neste momento a 39 e 34 euros respectivamente. Non houbo cambios nos ovos, galiñas e coellos. 

Silleda 18-8-26 mesas de prezosDescarga o pdf completo coas cotizacións desta sesión neste enlace


Máis información sobre a situación do mercado de vacún este verán no último barómetro de Provacuno, que analiza a situación de oferta e demanda no conxunto de España.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información