Caída de prezos nos becerros carniceiros e suba importante da recría esta semana en Silleda

Os machos cebados de cruce industrial baixaron case 100 euros, mentres que os xatos mamóns pintos páganse entre 300 e 400 euros e os cruzados entre 600 e 850 euros

Vista de los terneros de recría en la jornada de hoy. Cedida

Xornada desigual este martes na poxa da Central Agropecuaria de Galicia en Silleda, con suba importante da recría pero descenso de cotización dos becerros carniceiros e altibaixos no vacún maior en función da categoría, coas vacas Extra volvendo a pagarse por enriba dos 2.500 euros de media.

Na recría, produciuse esta semana unha suba importante nos xatos pintos, que gañaron case 100 euros de media con respecto á semana pasada, quedando a cotización dos machos de 2 a 3 semanas por enriba dos 300 euros e a dos de máis idade próxima aos 400 euros. No caso dos becerros de cruzamento industrial, tamén se deu unha revalorización importante na categoría de 21 a 50 días, que subiu 84 euros. 

Silleda 9-9-25 recria

Nos becerros carniceiros, caeron os machos de cruce industrial (-95 euros) e subiron as femias (+13 euros), mentres a raza rubia galega mostrou unha tendencia á alza nos machos, que gañaron case 200 euros de media, e unha baixada nas femias de 64 euros). 

Silleda 9-9-25 becerros carniceiros

A demanda de vacún maior segue a ser importante, pero os prezos resentíronse esta semana nalgunhas categorías. Así, mentres as vacas de categoría Extra seguiron subindo (máis de 120 euros de media até volver cotizar por enriba dos 2.500 euros), as das categorías Primeira e Segunda caeron lixeiramente.  

Silleda 9-9-25 vacun maior

En canto ás mesas de prezos do resto de especies gandeiras, continúa a caída en picado do porcino cebado, lastrado nas últimas semanas polo anuncio de incremento de aranceis por parte de China. Os porcos da categoría Selecta e Normal perderon outros 3 céntimos este martes e os de Canal II case 4 céntimos. Os bacoriños, sen embargo, están aguantando o prezo, fixado en 56 euros para os de procedencia única (máis de 500 animais) e de 51 euros para os de varias procedencias. 

Os ovos subiron tamén esta semana en todas as categorías (2 céntimos a ducia nos XL e L e 1 nos M e S). Segue a haber unificación de prezos independentemente da cor, pagándose tanto os ovos brancos como os rubios. 

Silleda 9-9-25 mesas de prezos

Pódese consultar o pdf completo coas cotizacións desta semana no seguinte enlace.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información