Cae un 20% o rendemento do cultivo de pataca no que vai de campaña

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación lanza unha publicación mensual con información sobre os rendementos medios de máis de 65 cultivo. O informe recolle a información, a pé de parcela, de máis de 300 técnicos agrícolas que fornecen a diario datos para a Enquisa de Superficies e Rendementos de Cultivos (Esyrce)

Publicidade

PATACA_COUZA_apañando patacas Riotorto 2016-1O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) acaba de publicar na súa páxina web o primeiro informe “Tendencias de rendementos de cultivos” que, con carácter mensual, ofrecerá a partir de agora información sobre máis de 65 cultivos de secaño, regadío e en invernadoiro.

A información que recolle esta nova publicación ten como referencia os datos que recompilan máis de 300 técnicos agrícolas a pé de parcela e que son a base para a elaboración cada ano -desde 1990- da Enquisa de Superficies e Rendementos de Cultivos (Esyrce), para a que se realizan máis de 75.000 aforamentos de cultivos por campaña.

O primeiro informe proporciona estimacións, con datos a 30 de xuño de 2024, dos rendementos dispoñibles para os cultivos e grupos de cultivos de maior importancia en España, tras a súa recompilación e posterior análise por parte da Subdirección Xeral de Análise, Coordinación e Estatística do ministerio.

A nova publicación mensual ofrecerá a partir de agora unha fotografía dos rendementos de cultivos herbáceos, leñosos, industriais e de invernadoiro cun desfasamento temporal duns 25 días. Os resultados obtidos, ademais, compáranse en cada informe cos do último Esyrce anual e coa media do últimas catro, cinco e dez cultivos precedentes, segundo o tipo de cultivo e os aforamentos dispoñibles de cada un deles no momento da publicación.

Caída dun 20% nos rendementos da pataca

Tras os efectos negativos en España da seca no cereal e noutras producións en 2023 e 2022, a maioría dos cultivos que se puideron analizar, até o 30 de xuño, mellora os seus rendementos medios en liñas xerais respecto da pasada campaña, fóra dos cultivos de secaño de pataca e pistacho e os de regadío de cebada de 6 carreiras, melón, fabas secas e pataca.

Dentro do grupo dos tubérculos, a pataca de secaño, co 44 % dos aforamentos realizados con respecto ao ano pasado, presenta unha baixada de rendemento (20.903 Kg/ha) de ao redor do 20 % con respecto a 2023 e a serie histórica. No caso da pataca de regadío, atopámonos con cifras moi parecidas ao secaño cunha diminución de rendemento en torno ao 20 % respecto da serie histórica, e unha previsión de 32.462 Kg/ha.

Boa colleita de cereal

Dos cultivos de secaño, o trigo brando e semi duro, con datos a 30 de xuño, rexistra un rendemento medio de 2.901 quilos por hectárea, un 82 % máis que na campaña anterior e moi próximo á media do últimos cinco e dez anos. Ademais, soben respecto de 2023 os da cebada de 6 carreiras (2.509 kg/ha, +215 %), cebada de 2 carreiras (2.454 kg/ha, +123 %), trigo duro (2.402 kg/ha, +116 %), centeo (1.783 kg/ha, +53 %) e avea (1.545 kg/ha, +98 %).

Os rendementos medios en secaño tamén son maiores até agora para a remolacha azucreira (46.690 kg/ha, +2 %), colza (2.260 kg/ha, +113 %), cerdeira e guindeira (2.016 kg/ha, +2 %), fabas secas (1.117 kg/ha, + 48 %), guisantes secos (1.023 kg/ha, +180 %), garavanzos (835 kg/ha, +33 %) e lentellas (626 kg/ha, +171 %). En contraste, o pistacho de secaño (213 kg/ha, -56 %) recorta os seus rendementos.

Entre os cultivos en regadío, destaca a alza do rendemento medio para guisantes secos (3.451 kg/ha, +51 %), trigo duro (6.074 kg/ha, +45 %), avea (3.477 kg/ha, +45 %), cebada de 2 carreiras (5.663 kg/ha, +41 %), centeo (3.860 kg/ha, +31 %) e guisantes secos (3.451 kg/ha, +31 %). Os descensos en regadío respecto de 2023 máis avultados corresponden aos de fabas secas (1.083 kg/ha, -54 %), cebada de 6 carreiras (3.233 kg/ha, +31 %) e pataca (20.903 kg/ha, -19 %).

Ligazón a Esyrce: Tendencias de rendemento de cultivos – xuño 2024

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información