Búscase traballador para granxa de vacún de leite en Mesía

Unha granxa de vacún de leite do concello coruñés de Mesía busca persoa para realizar traballos na explotación.

As tarefas a realizar son o muxido e a limpeza das camas. A xornada laboral será partida de 7:00 a 10:30 horas pola mañá e pola tarde de 18:00 a 20:30 horas. Terá un dia e medio de descanso á semana e 30 días naturais de vacacións, e salario segundo o convenio. “Se a persoa é válida pode ser un posto de traballo a longo prazo. Temos un bo ambiente de traballo e ofrecemos profesionalidade no horario e nas condicións de traballo e estabilidade laboral”, aseguran os propietarios da granxa.

As persoas interesadas poden chamar ao teléfono 647 08 26 85

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información