Busca aquí se es unha das 6.817 persoas de Galicia afectadas pola anulación de carnés de fitosanitarios

A provincia máis afectada é A Coruña, con 3.492 autorizacións invalidadas no Rexistro oficial de produtores e operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO), seguida de Lugo (con 1.820), Pontevedra (con 1.276) e Ourense (229)

Publicidade
Aplicación de fitosanitarios

Aplicación de fitosanitarios

Logo da sentenza xudicial que invalida os cursos de formación impartidos no Bierzo, o Ministerio de Agricultura vén de dar de baixa un total de 6.817 carnés de fitosanitarios do Rexistro oficial de produtores e operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO), o que deixa aos seus titulares sen a posibilidade de mercar nin aplicar tratamentos nas súas fincas e cultivos, agás coa posibilidade de facelo en pequenas doses, para as que non se necesita o carné. 

Moitos produtores galegos, tanto profesionais como afeccionados, desprazáronse a Castela e León nos anos 2015 e 2016 para obter o seu título de Aplicador-Manipulador de Produtos Fitosanitarios, dadas as maiores facilidades ofrecidas e debido á ausencia de cursos suficientes ofrecidos pola Xunta de Galicia nesa época. 

Os afectados distribúense polas catro provincias galegas, sendo A Coruña e Lugo as que suman máis carnés anulados (3.492 e 1.820 respectivamente), seguidas de Pontevedra (1.276) e Ourense (229).

Produtores de vacún de leite, que se atopan en plena campaña de sementeira de millo, para o que se aplican herbicidas; viticultores que precisan tratar contra enfermidades fúnxicas; ou produtores de horta que botan por exemplo patacas e teñen que protexelas contra o mildeu, estarían entre os máis prexudicados.

Consulta dos carnés anulados 

De acordo co establecido no artigo 43.5 do Real Decreto 1311/2012, do 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para acadar un uso sostible dos produtos fitosanitarios, o Ministerio de Agricultura creou unha aplicación informática para o intercambio de información sobre as inscricións no Rexistro Oficial de Produtores e Operadores (ROPO).

Esta aplicación permite a consulta pública de entidades e operadores rexistrados, cunha dobre finalidade: por un lado, dar a coñecer o estado da solicitude en tempo real aos solicitantes, e polo outro, informar ao público en xeral da habilitación dun operador ou entidade concreta para a realización de calquera actividade relacionada coa comercialización, distribución e uso de calquera medio de defensa fitosanitaria.

Consulta neste enlace se o teu carné segue en vigor ou foi anulado. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información