A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Bureau Service de Uniform-Agri para consultores

Uniform-Agri presenta a solución perfecta para os consultores que desexan mellorar o seguimento que ofrecen ás gandarías

Bureau Service de Uniform-Agri para consultores

Uniform-Agri ten a solución ideal para aqueles que queren levar a xestión e o manexo dunha serie de gandarías; a solución Bureau Service para consultores.

Esta solución ten tres beneficios principais:

1- Por unha banda, esta solución permite configurar a creación de copias de seguridade diarias de maneira automática, así como importar as bases de datos dos gandeiros que conten con Uniform-Repro.

2- Doutra banda, os gandeiros poden introducir datos en calquera momento a través da aplicación móbil.

3- Finalmente, o consultor poderá realizar entre os seus gandeiros un benchmarking (comparativas para impulsar melloras); contará cun panel multigranxa no que poderá analizar e comparar dunha simple ollada todos os indicadores relevantes de cada unha das granxas que xestiona.

Copias de seguridade automáticas

Os consultores non teñen que temer o perder os datos en ningún momento. Coa solución Bureau Service, todos os días crearase unha copia automática na nube, co que os seus datos estarán sempre a salvo.

Doutra banda, e para os clientes do consultor que xa se atopen utilizando Uniform-Repro na súa explotación, de novo a diario proporcionarase unha copia da súa base de datos no programa do consultor. Desta maneira, o consultor poderase esquecer de introducir datos nestas gandarías e terá os datos dos seus clientes sempre actualizados.

Todo isto a diario, e sen necesidade de ter que realizar ningunha acción.

Esquema MFS

Panel MFS

Coa solución de Uniform-Agri para consultores, o usuario contará cun panel no que poderá ver dunha simple ollada os indicadores máis importantes de todas e cada unha das gandarías coas que traballa e como evolucionan co tempo. Este panel actualizarase tamén diariamente e contará con indicadores xerais da gandaría, indicadores reprodutivos, clínicos e por suposto relacionados coa produción de leite.

Este panel permite comparar granxas da maneira que o consultor desexe (por tamaño, por sistema de muxido, todas xuntas). Ademais, os indicadores que se expoñen e os seus rangos válidos son personalizables. Algúns dos indicadores que se amosan no panel son os seguintes: número de vacas nos seus diferentes estados, media de leite por día e vaca, reconto de células somáticas, as diferentes taxas reprodutivas, mortes ou casos de mastite.

Este panel é unha ferramenta de gran axuda para saber dunha ollada como se atopan as gandarías, detectar calquera anomalía nas mesmas ou comparalas entre elas.

Panel MFS

Aplicación móbil para gandeiros

Con Uniform-Repro, o consultor pode crear un número indefinido de usuarios que poderán consultar dende a aplicación móbil de Uniform información da ou das gandarías que o consultor decida e introducir datos do seu traballo diario, todo seguindo as pautas que marque o consultor para así telo todo unificado nas diferentes análises.

Con esta posibilidade, as bases de datos tamén quedarán actualizadas ao momento, ofrecendo aos gandeiros unha primeira experiencia con Uniform de forma sinxela e intuitiva, tendo todos os datos das súas vacas no peto. A aplicación é moi sinxela de instalar e utilizar, e é apta para móbil ou tablet, Android e iOS. Ademais, é moi visual para facilitar o seu uso durante o día a día na granxa. Coa aplicación, os gandeiros terán a man as fichas de cada un dos seus animais para consultar toda a información relativa aos mesmos, levar listaxes de traballo personalizables e poderán introducir os datos do seu traballo diario sen necesidade de que haxa conexión a Internet no momento de introducilos.

App UNIFORM

Uniform-Repro proporciona aos consultores e veterinarios unha serie de ferramentas para maximizar a eficacia no seguimento das gandarías coas que traballa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *