Boa acollida dos cursos que se imparten en Lugo sobre “Aplicacións informáticas para a xestión da Pac”

Boa acollida dos cursos que se imparten en Lugo sobre “Aplicacións informáticas para a xestión da Pac”

Curso impartido no concello de Lugo

A Área de Servizos Agrarios de Lugo da Consellería de Medio Rural, está a realizar varias accións formativas baixo a denominación “Aplicacions informáticas para a xestión da Pac” nos concellos de Lugo, Corgo, Friol e Castroverde co fin da achegar os agricultores afectados polo proceso de monitorización de cultivos declarados na Pac mediante satélite, os coñecementos básicos do proceso e a mecánica da súa implantación.

Este ano están afectados os concellos de Lugo, Corgo, Guntín, Outeiro de Rei, Rábade, Portomarín, Castroverde e Friol.

Colaboran directamente as Oficinas Agrarias Comarcais de Lugo, Friol e Castroverde para facer un seguimento das incidencias detectadas nos expedientes, a convocatoria dos interesados e a colaboración na resolución administrativa.

A exposición dos temas é levada a cabo por Fernando López, Xefe do Servicio Territorial do Fogga en Lugo, abordando os aspectos técnicos e administrativos, así como unha visión do que se coñece ata o momento do período Pac 2021-2027 e un repaso das anomalías que se detectan máis a miúdo nas visitas ás explotacións en canto ao cumprimento da condicionalidade.

“Detectamos una enorme necesidade de formación aos gandeiros no uso das novas ferramentas dixitais”

As accións formativas teñen lugar dentro do Plan de formación contínua agroforestal que xestiona Agacal, con utilización de Fondos Feader.

Por último, dende a Área de Servizos Agrarios de Lugo detectan “unha enorme necesidade de información e formación aos agricultores en temas relacionados coa formación dixital e o uso das súas ferramentas, que debera ser paliada con programas específicos dirixidos a este colectivo singular”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información