A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Blanco de Lago SC: Unha gandaría que aposta pola calidade de vida que proporcionan os robots de muxido Lely

Gañar en calidade de vida, apostando pola simplicidade e pola robotización, e diversificar as fontes de ingresos é a estratexia que segue Gandaría Blanco de Lago SC, unha granxa familiar de Mazaricos (A Coruña) que combina a granxa de vacas de leite cun albergue no Camiño de Santiago a Fisterra

Blanco de Lago SC: Unha gandaría que aposta pola calidade de vida que proporcionan os robots de muxido Lely

Óscar Blanco Ribeiro na súa gandería

“Quero calidade de vida para a miña familia, para o meu empregado e que os meus pais ao xubilarse non se vexan no deber de seguir tendo que axudarme na granxa”. Así resume Óscar Blanco Ribeiro o obxectivo que se marcou desde que no 2002 se incorporo á gandaría familiar, Blanco de Lago SC, situada no lugar do mesmo nome no concello coruñés de Mazaricos.

“Fixen os estudos de Formación Profesional Agraria no Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa entre os anos 1996 e 2001 e o paso por esta escola marcoume positivamente desde o punto de vista persoal e profesional, xa que ao ser unha formación moi práctica, con estadías en granxas doutros países, no meu caso en Francia, ábreche a mente de que as cousas no campo poden facerse doutro xeito”, explica.

A transformación que experimentou a granxa nestes 20 anos foi moi relevante, duplicando o número de vacas en muxido e ao mesmo tempo mellorando notablemente as condicións de traballo do persoal da gandaría: Óscar, a súa nai a piques de xubilarse e un empregado.

Así, Óscar conta que “partiamos no 2002 dun establo vello de á beira de casa, cunhas 60 vacas en muxido, con cubículos pero a metade da corte con grellas e a outra metade sen elas. Cando me incorporei fixemos o novo estasblo, a un quilómetro da casa, para 120 vacas en produción”.

Querían un establo cunha terceira ringleira de cubículos, algo infrecuente daquela, polo que visitaron varias granxas, pero asegura que “non atopamos un referente e acabamos facendo os cubículos coas nosas medidas, creo que non o fixemos moi mal”. Hai 8 anos ampliaron a corte cunha nova zona para as vacas secas e o pasado ano acometeron unha nova ampliación para as xovencas.

Paso de sala a robots de muxido Lely

BLANCO LAGO MAZARICOS LELY ROBOT 1A procura dunha maior calidade de vida levou a Óscar Blanco a apostar tamén polo muxido robotizado da man de Lely no ano 2017. “No establo vello tiñamos unha sala en espiña con 4 puntos centrais, e cando pasamos para as novas instalacións puxemos unha sala de 10 puntos, que logo ampliamos a 12 e pensaramos ampliala a 16 puntos no 2017, pero finalmente optamos polos robots”. A razón: “Os meus pais estaban a piques de xubilarse e non quería que seguisen traballando despois. Eu quería calidade de vida para eles e para min e foi ese o principal motivo”. Deste xeito, incorporaron dous robots Lely Astronaut A4 e este ano van sumar un terceiro, un Lely Astronaut A5, pasando a máis de 150 vacas en muxido.

Os robots de muxido están completamente equipados, báscula, reconto celular e sistema de desinfección por vapor Lely Pura. Ademais, conta con colares de celo e de rumia, para controlar aínda máis os datos das súas vacas.
A adaptación dos animais foi moi boa e de feito só tiveron que vender unha vaca porque non se axustaba ao robot. “Como lle pasa a todo o mundo, nos primeiros 15 días houbo que meter vacas ao robot pero axiña se normalizou a situación”, subliña.

A nivel produtivo o cambio de sala a robot supuxo pasar de dúas muxiduras diarias e unha media de 39 litros por animal a 2,7 muxiduras por animal e día e unha produción de 46 litros (máis de 3.000 kg por robot e día) cun 3,66% de graxa e 3,23% de proteína. O número de muxidos buscan melloralo coa incorporación do Lely Astronaut A5, así como a produción diaria por vaca. En Reconto de Células Somáticas non houbo variación, cunha 180.000 de media anual.

Para lograr esta produción fornécenlles ás vacas unha ración diaria composta por 36 kg de silo de millo, 10 kg de silo de herba e 7,5 kg de penso en carro e no robot a maiores 7 kg de penso. O penso para o robot subminístralllo Piensos del Sil, mentres que para o carro mesturador cómpranllo á cooperativa Pensos Alborés, da que son socios, algo que notan moito nos prezos.

A base territorial que manexan para o seu rabaño, que rolda as 300 cabezas, é de tan só 55 hectáreas. “Aquí hai moita demanda de terra e é o principal factor que nos limita para medrar. A pesar de todo, o terreo que manexamos permítennos producir forraxe abonda para alimentar as vacas, e só compramos a palla e o penso”, destaca Óscar.
Sementan unhas 40 hectáreas a millo, con ciclos 400, logrando unhas producións de entre 50 e 55 toneladas de media por hectárea. “Esta é unha zona moi boa para a produción de millo, pois ao estar preto da costa no verán sempre hai humidade”, aclara. O millo rótano con raigrás italiano e nas 15 hectáreas restantes teñen pradarías permanentes.

Os traballos agrícolas, do mesmo xeito que o servizo de carro mesturador, contrátano a empresas de servizos agrarios.

Fan xenotipado e inseminan con raza Angus

BLANCO LAGO MAZARICOS LELY BECERRA 2

Seguindo esa filosofía de simplificar o traballo e centrarse no coidado e no benestar dos animais, en Blanco de Lago SC buscan á hora dos axustes vacas saudables e rendibles. “Nos touros miro sobre todo que non penalicen ubre, tipo e patas e despois primo os rasgos de saúde”, explica Óscar.

Na mesma liña de optimizar o rendemento do rabaño, hai un ano empezaron a facer xenotipado das becerras co programa Clarifide® de Zoetis. “Desta forma, estamos inseminando ás xatas só con seme sexado e nas vacas adultas metemos só cruces cárnicos, en concreto Angus”, precisa.

Diversificación cun albergue en pleno Camiño de Santiago

A estadía de Óscar en granxas de Francia durante a súa época de estudante na EFA Fonteboa levouno a valorar a importancia da diversificación das fontes de ingresos nunha gandaría de vacún de leite.

Foi así, como no 2018 abriu xunto á súa parella, Tania, o Albergue Monte Aro, un aloxamento con 30 prazas, nunha casa que restauraron xunto á vivenda familiar e que se atopa na segunda etapa do Camiño de Santiago a Fisterra.

A granxa é un plus de lecer a maiores que ofrece o albergue: “As persoas que se aloxan veñen visitar a granxa e, moitas veces, quedan abraiados porque non se corresponde coa imaxe que eles tiñan do que ven na televisión sobre as gandarías. Ademais de peregrinos, tamén veñen familias que gozan tanto maiores como pequenos da experiencia”, finaliza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *