A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Bisannia primavera: fórmulas de abonado á carta para as pradeiras

Bisannia primavera: fórmulas de abonado á carta para as pradeiras

A cooperativa Delagro promociona no mercado os seus fertilizantes Bisannia Primavera, con fórmulas á carta adaptadas ás necesidades de fertilización de cada pradería, grazas ao sistema Profer.

Desde Delagro destacan que “ao elaborar fertilizantes adaptados ao que necesita cada parcela, estamos a realizar unha fertilización racional que repercute positivamente tanto no medioambiente como na economía dos agricultores”.

En concreto, desde a cooperativa destacan de Bisannia “a alta eficiencia do nitróxeno aportado, unha elevada solubilidade do fósforo, rápida asimilación de potasio e ademais está enriquecido con Calcio, Magnesio e Xofre”.

“Evitamos o sobrecusto de varias aplicacións para o mesmo cultivo e logramos aumentar o crecemento vexetativo da planta e o rendemento da pradería”, destacan desde Delagro. “E todo iso garantindo unha alta solubilidade, fácil esparexemento e dosificación do fertilizante”, subliñan.

Por último, Delagro lembra que “os nutrientes que empregamos son da calidade máis alta do mercado e coa garantía de que a etiquetaxe se corresponde fielmente coa realidade do produto”.

Bisannia Primavera está dispoñible en sacos de 40 kg, pallets de 40 sacos, Bigbag de 600 kg ou de 1.000 kilos ou a granel.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *