A biointensificación alimentaria, agrogandeira e forestal, a análise no ciclo ciclo Luis Asorey

Os retos da agricultura, gandería, alimentación e do sector forestal para avanzar cara a súa biointensificación centran a temática da nova edición do ciclo de relatorios Luis Asorey, un foro de análise e debate promovido pola Real Academia Galega de Ciencias xunto coa USC, Deputación Provincial de Lugo e Campus Terra, que na súa edición de 2020 se desenvolverá en liña, a fin de sortear as limitacións derivadas da pandemia causada pola COVID-19.

O programa do ciclo está estruturado en sete relatorios, que se desenvolverán a través da plataforma telemática Zoom entre o 16 e o 30 de novembro. As persoas interesadas en seguir as distintas intervencións programadas deberán formalizar previamente a súa inscrición, trala que recibirán a ligazón do sitio web no que poden asistir a cada un dos relatorios.

O académico e catedrático da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría Antonio Rigueiro abrirá o luns 16, a partir das 16.00 horas, a quenda de intervencións cun relatorio baixo o título ‘Os sistemas silvopastorais: prácticas ecolóxicas sostibles’. Ao día seguinte, o arquitecto Víctor González García-Echave ofrecerá, de 17.00 a 19.00 horas, a charla ‘Bioconstrución. Estruturas en madeira’.

A gandería ecolóxica como chave no goberno de ecosistemas centrará o mércores 19 a intervención que desenvolverá, de 18.00 a 19.00 horas, o doutor en veterinaria e vicepresidente da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE), Carmelo García Romero. O asesor, formador e prospector da Red de Municipios Agroecológicos TERRAE, ademais de membro do panel de expertos de Bioeconomía Circular e Agroecoloxía do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Franco Llovera Serra, falaá o luns 23, a partir das 19.00 horas, sobre os ciclos virtuosos da materia orgánica, metabolismos e sistemas alimentarios.

O papel das administracións públicas como mediadores e facilitadores da biointensificación’, a cargo do enxeñeiro de Montes Xabier Bruña; ‘As vantaxes e as diferenzas nutricionais dos alimentos ecolóxicos’, na voz da presidenta da SEAE, Dolores Raigón, e ‘As ‘vernatopías’ e a nova ruralidade’, da man de Xan Neira Seijo, profesor da USC na EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo, completan o quenda de relatorios incluídos na edición de 2020 do ciclo Luis Asorey. Este programa está recoñecido pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional como actividade formativa para o profesorado non universitario.

VETERINARIA cartaz

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información