BioCultura, a feira de ecoturismo e produtos ecolóxicos, celebrarase do 7 ao 9 de marzo en ExpoCoruña. Espérase a visita de máis de 15.000 persoas. 150 empresas exporán os seus produtos e espazos, relacionados coa alimentación ecolóxica, o ecoturismo e a saúde natural.
Calcúlase unha oferta de máis de 10.000 referencias de alimentos ecolóxicos, cosméticos eco-naturais, moda sostible, e unha infinidade de produtos e servizos de ecoturismo para outras formas de viaxar.
BioCultura é a feira decana da ecoloxía en España. En Madrid, celebrou 40 edicións en 2024. En Barcelona, 30 edicións máis. Agora, xa está a feira consolidada na Coruña tamén. Ángeles Parra, directora da feira, sinala: “Os cambios que hai que facer aínda na nosa sociedade para salvagardar o futuro son moitos porque as urxencias están xa aquí. BioCultura é un manual vivo para o cambio onde se dan cita empresarios e cidadáns con propostas dun cambio real de paradigma cara a ese outro mundo posible. Na Coruña, concretamente, temos xa unha feira moi consolidada que aposta firme pola produción ecolóxica e o ecoturismo. Queremos ser un revulsivo para a produción ‘bio’ galega e para promocionar esas outras formas de viaxar respectuosas co medio, coa cultura, coa paisaxe…”.
Más de 100 actividades…
BioCultura é todo un manual para o consumo responsable en todos os seus ámbitos. “Temos claro que non se trata de cambiar un consumo por outro, senón de facelo con conciencia. É o momento de informarnos e de tomar responsabilidades como cidadáns activos, guiados por persoas expertas nos diferentes temas que nos preocupan e interésannos a todos/as”, sinala Ángeles Parra. Por iso, algúns e algunhas dos grandes expertos en saúde e nas formas en que afecta a contaminación estarán na edición galega da feira. Parra tamén sinala: “Esta feira é posible por varias razóns. Por unha banda, porque en Galicia hai un público cada vez máis consciente e preocupado pola súa saúde e a do medio ambiente. Por outra banda, polo compromiso das diferentes institucións galegas con esas outras formas de producir e de consumir que se atopan en BioCultura. E, por último, porque é necesario un gran cambio de paradigma se queremos un futuro digno para os que están por vir”.
Ampla oferta de actividades
-Showcooking: Alimentarse ben e gozar dunha boa mesa é importante. Haberá propostas para todos os gustos, dietas e gourmets. Tamén catas de produtos. Alimentación sa, saborosa e ecolóxica, poñendo en valor a agricultura, a gandería e os produtos de mar, todo de proximidade. Territorio, cultura e certificación orgánica.
-Showroom ecoestética: Xornadas formativas e talleres con propostas moi diversas, desde como evitar tóxicos, elaboración de fitoextractos, chocolaterapia, perfumes, masaxe Guasha, maquillaxe… Tamén “Faino ti mesma”.
-Xornada de Ecoturismo: Organizada en colaboración coa Universidade da Coruña, a Reserva da Biosfera de Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, o Club Ecoturismo España, a Deputación da Coruña, a Xunta e a Agrupación industrial de Turismo de Galicia… Reunirá a expertos nos diferentes temas que pretenden achegar diversas visións de como o ecoturismo non é unicamente unha forma de viaxar para achegarse e coñecer os espazos naturais de maneira responsable, respectando o seu equilibrio, minimizando os impactos ambientais e gozándoos, senón que ademais protexe os seus valores (naturais, culturais, etnográficos, gastronómicos etc.)/ etc.), e favorece unha oportunidade de desenvolvemento sostible nestes territorios.
-Xornada de Nutrición, Saúde, Deporte e Natureza. Abordaranse temas máis específicos como é o da contaminación ambiental, ou como coidar a microbiota; nutrición e actividade física e deportiva etc. Participarán: Dr. Nicolás Olea, Dra. Ariana Lara, Alejandro Pérez, entre outros…
-Xornada de Bioconstrucción. Construción de casas e edificios con materiais nobres, bioclimatismo e enerxías renovables, respecto pola contorna, cohousing, etc. En colaboración con diversas entidades e EcoHabitar.
-FYN. Festival de Ioga do Nordés. Nos acerca de novo talleres da man de referentes no coñecemento e cultura do universo da práctica do ioga. Da man de Tibet Ioga Studio. Nesta ocasión con importantes mestres e profesionais do ioga, nacionais e internacionais, que compartirán os seus ensinos e experiencias a través de conferencias e talleres de ioga, de pranayama e de meditación, co fin de beneficiar a todos os asistentes e converterse nun punto de encontro entre practicantes e todos aqueles que queiran profundar ou iniciarse no ioga.
-Conferencias e debates: Temas de interese actual relacionados coa saúde, o medio ambiente, o ecoturismo, a produción ecolóxica, o benestar… encherán as salas da feira.
Cifras do sector da produción ecolóxica galega
En Galicia a superficie certificada polo CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia), en ecolóxico, chega actualmente ás 47.000 hectáreas. A cifra de operadores ecolóxicos supera os 1.550. E o valor económico estimado excedeu os 113 millóns de euros. En Galicia, o 67’4% do consumo ecolóxico leva a cabo en supermercados. O 22’8%, en tendas especializadas. E o resto noutras canles. O 99% da poboación galega ha oído falar dos alimentos ecolóxicos. A gran maioría informáronse acerca deles a través dos medios de comunicación. A maioría dos galegos entenden, principalmente, que un alimento ecolóxico é un alimento sen produtos químicos de sínteses e sen modificación xenética.
Galicia é, despois de Illas Baleares, a segunda comunidade autónoma no ranking do gasto per cápita en alimentación “bio” de España.