BioCultura & Ecoturismo A Coruña 2026 converterá Galicia no epicentro do sector ecolóxico e do mundo dos ecoturistas. Conta con máis de 150 expositores e programáronse máis de 100 actividades para todos os gustos e idades.
Desde a organización recomendan consultar a guía previamente.
Actividades destacadas
Para empezar, o venres 6, no estand de Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, terá lugar a Xornada de Ecoturismo destinada principalmente a estudantes de último curso de turismo da Universidade da Coruña. Debaterase ao redor das características da eclipse histórica que terá lugar en todo o planeta e que poderá verse de forma excepcional na área coruñesa. Cales serán as súas repercusións no ecoturismo?
Ás 11:15 horas, no Showroom da Plataforma EcoEstÉtica, será a apertura oficial da xornada formativa “Introdución á Cosmética EcoNatural Certificada. Principios, Propiedades e Usos”. Ademais, o showcooking ecogastronómico arrinca con numerosas propostas culinarias, que poñerán o seu foco na utilización de produtos ecolóxicos galegos, certificados polo CRAEGA, e da man de AGACAL/Xunta de Galicia.
Amelia Gómez Briones falará no espazo Ágora, ás 17 horas, sobre “Claves para un Fogar Libre de Tóxicos. O que o teu fogar esconde”. Á mesma hora, na Sala 1, o doutor Salvador Ramos falará sobre a necesidade do contacto coa Natureza para o mantemento da saúde.
O sábado, empezará con Atzar Batlle, ás 11:30 horas, na Sala 1, quen explicará en que consiste iso de vivir nunha ecoaldea. Á mesma hora, no espazo Ágora da feira, vivirase un momento absolutamente extraordinario: a grande eclipse solar total do 12 de agosto adiantarase simbolicamente cunha sesión especial que permitirá descubrir, comprender e prepararse para un dos fenómenos astronómicos máis impresionantes que poderán observarse en España en séculos.
Contará cunha proposta cómica para público infantil e familiar na que, entre risas, cociñaranse e degustarán receitas sas con ingredientes ecolóxicos galegos
No showcooking, ás 13 horas, “as especias, como aliadas da felicidade”. A utilización de herbas mediciñais na gastronomía non só serve para aromatizar e dar sabor. Ás 18 horas (Salga Ágora), a dietista integrativa especializada en educación alimentaria, saúde intestinal e microbiota Ana Sánchez, alertará coa súa charla “Descobre de que tes fame”. Nos estands de Deputación de Lugo e Mariñas Coruñesas desenvolveranse talleres con diversas temáticas que se alongarán durante os tres días de feira.
O domingo, último día da feira, desde as 11 horas, no comedor de BioCultura, haberá actividades para os máis pequenos e para toda a familia, e, ás 12:30 horas, o espectáculo “Máis Saaabor”, no hall de entrada da feira, unha proposta cómica para público infantil e familiar onde entre risas cociñaranse e degustarán receitas sas con ingredientes ecolóxicos galegos.
Ás 12:30 horas, na Sala 1, as claves do rural como o lugar ideal para a saúde, a sustentabilidade e o benestar. A cargo de Bea Lema, da Escola Galega de Benestar. Ás 13:30 horas, na Sala 1, Silvia Sánchez (Bemer) falará de microcirculación sanguínea para a prevención de enfermidades. No showcooking, ás 14:30 horas, Abella Meiga presentará os seus meles ecolóxicos e exquisitos, fonte de saúde e vitalidade.
Ás 16:00 horas, no showroom de EcoEstÉtica, “Nutrición e cosmética no proceso oncolóxico”, coas profesionais Mariana Aróstegui e da Silva. Un amplo programa do que só destacamos algunhas actividades. Consulta a web de BioCultura e estuda o que máis che interesa para preparar a túa visita á feira.
Galego









Control OJD