Beth Willard visita a D.O. Monterrei para avaliar o potencial dos seus viños

A experta internacional analiza os viños de 20 adegas e destaca a evolución da denominación galega nun percorrido clave para a súa proxección internacional

Publicidade
Beth Willard visita a D.O. Monterrei para avaliar o potencial dos seus viños

Beth Willard, experta internacional en viños, na visita a DO Monterrei.

A Denominación de Orixe Monterrei recibiu a Beth Willard, experta internacional en viños e representante do Master of Wine Tim Atkin, para coñecer as características da rexión e os proxectos de vinte adegas.

O obxectivo é elaborar un informe con puntuacións sobre os viños galegos, que axudará ás adegas de Monterrei a impulsar as súas marcas en mercados internacionais, aumentar a súa visibilidade e abrir novos mercados.

Na visita a Monterrei, Willard non só coñeceu os viñedos, elaboracións vitivinícolas e os proxectos que teñen en marcha, senón que descubriu o traballo que realizan adegas como Terras do Cigarrón, Gargalo, Pazo Blanco Núñez ou Pazos do Rey, entre outras.

Ademais, na sede do Consello Regulador realizouse un Túnel do Viño no que se puido catar os brancos e tintos doutras trece adegas da denominación. Durante a súa visita a Monterrei, Willard degustou preto de 90 viños de diferentes colleitas, que abarcan desde 2008 ata 2023, analizando así a súa evolución ao longo do tempo.

Denominación de Orixe Monterrei

A DO Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. Abarcando os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra e Castrelo do Val, está conformada por 28 adegas e os viñedos ocupan un total de 720 hectáreas de territorio nas que traballan 375 viticultores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información