Data inicio: 04/12/2016
Data fin: 04/12/2016
Lugar: Betanzos, La Coruña, España
A Asociación Herbamoura, coa colaboración do Sindicato Labrego Galego e o financiamento da Deputación da Coruña, organiza para o vindeiro domingo, 4 de decembro, o I Foro Labrego de Agroecoloxía, que se celebrará en Betanzos.
Alí, a través do diálogo e o intercambio de ideas e experiencias, “tentarase contribuír a afianzar un movemento cada vez máis forte que tenta que a agricultura galega tome vieiros en consonancia con conceptos como a soberanía alimentaria, o respecto ao medio ambiente, a aposta polas producións locais, a relación directa entre a xente labrega e a consumidora ou o facer da alimentación unha fonte de saúde”, segundo apuntan dende a organización.
Programa do I Foro Labrego de Agroecoloxía:
Lugar: Antigo Matadoiro de Betanzos (zona Ribeira)
10:00: Presentación da xornada.
10:20: Ponencias: “A Potencialidade da Agroecoloxía da Galiza”
-Isabel Vilalba Seivane (Sindicato Labrego Galego)
-Xavier Simón (Do Grupo de Investigación de Agroecoloxía da Universidade de Vigo).
-Xoán Doldán ( do Grupo de Investigación de Bioeconomía da Universidade de Santiago de Compostela)
11:10 Rolda de preguntas
11:30 Darlle a volta. Visibilización de proxectos agroecolóxicos que ou ben mudaron os modos de produción ou son proxectos que naceron da nada, vindo as persoas que os integran doutros sectores:
-Granxas de Lousada. Granxa multifuncional (Irixoa)
-Viticultoras da Terra. Recuperación viñedos.
-Carabuñas. Conservas e licores con bagas de sabugueiro.
12:00 Rolda de preguntas desta mesa
12:30 Descanso
12:50 Experiencias agroecolóxicas de transformación.
Visibilización de experiencias que fan transformación ou envasados nas propias fincas ou granxas para a venda directa:
-Amayuelas (Palencia). Aldea agroecolóxica e pequeno matadoiro.
-Cooperativa Ribeira do Navia. Transformación e venda directa de derivados de froitas e froitos do monte. (Negueira de Muñiz)
-Amarelante SCG. Comercialización e transformación de castaña.(Manzaneda)
13:50 Rolda de preguntas desta mesa
14:15 Xantar de produtos agroecolóxicos. Leira Longa (comida ecolóxica e local de Carral)
16:00 Organizacións sociais e consumo
Visibilización de organizacións de consumidoras/es, de labregas e labregos que loitan pola Agroecoloxía e a Soberanía Alimentaria:
-Urgenci internacional (Organización que traballa coas CSA – Community Supported Agriculture)
-SPG A Gavela. Sistema Participativo de Garantía na provincia de Pontevedra.
-Mercado da Terra de Lugo. Mercado agroecolóxico autoxestionado.
-Grupo de consumo Zocamiñoca. Cooperativa de consumo (A Coruña)
17:30 Rolda de preguntas e descanso
18:00 Grupos de traballo
Contaremos con Rexenerando SCG para axudar coa dinamización e a consecución dos obxectivos da xornada.
Relatorio final e conclusións – peche da xornada