O Mel de Galicia e o Camiño de Santiago son os fundamentos da nova liña de cosmética, Belacolmea, que presentou a Agrupación Apícola de Galicia. Esta gama de produtos elaborada a base de mel galego están especialmente pensados para o coidado e benestar corporal dos peregrinos na súa andaina ata Compostela.
Como ben explicaron dende a Agrupación, Belacolmea nace como unha liña de apicosmética especialmente formulada para o coidado da pel, que busca a prevención e solución de todas as alteracións que esta poida sufrir, a través de formulacións naturais específicas. Entre as bondades dos seus bálsamos e cremas destaca que concentran os beneficios terapéuticos dos produtos da colmea, ademais de ser aptos para todo tipo de cute, especialmente para peles sensibles ou con tendencia á deshidratación.
Ademais, os apicosméticos da firma contan cos beneficios que proporciona o Mel de Galicia, herdando del a súa capacidade enerxética e as súas propiedades antisépticas, antioxidantes e rexeneradoras, perfectas para paliar as dores e as molestias que sofren moitos peregrinos tras longas camiñadas.
Belacomea esta formada por toda unha gama de produtos destinados ao coidado corporal, a nutrición e a reparación da pel de zonas concretas, como son: bálsamo para pés, ApiReparador bálsamo corporal, ApiDor bálsamo corporal, xabón natural de mel e própole, crema reparadora de mans e unllas, crema facial anti-idade e crema corporal enriquecida.
No acto de presentación dos produtos, que se celebrou no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino en Santiago, lembrouse tamén a estreita e histórica vinculación existente entre os camiñantes e os produtos da colmea. A apicultura é unha actividade cunha fonda tradición en Galicia, que forma xa parte do patrimonio cultural, botánico e etnográfico galego. Do mesmo xeito, tamén está documentado que os camiñantes que atravesaban Galicia para chegar a Compostela se beneficiaban dos produtos apícolas, servíndose do seu poder estimulante, de curación, cicatrizante e refrescante como remedio.
Novas datas no Camiño
Nun tributo a esta senlleira relación entre peregrinos e produtos da colmea, a Agrupación Apícola de Galicia anunciaba a súa presenza en forma de expositor ao longo de distintos puntos do Camiño de Santiago, sempre en estrito cumprimento das medidas de seguridade sanitaria. Nestes expositores, os peregrinos poderán obter información e un pack con tres mostras desta liña de apicosmética. Concretamente as datas e lugares serán os seguintes:
Sábado 5 de xuño: A Laxe (Lalín).
Sábado 9 de xuño: O Porriño.
Sábado 14 de agosto: Pontevedra.
Sábado 4 de setembro: Ribadiso (Arzúa).
Sábado 18 de setembro: Dumbría
Sábado 25 de setembro: O Cebreiro.
-Consulta aquí máis información sobre o catálogo de Belacolmea.
Estoy interesada en los productos