A Central Agropecuaria de Galicia Abanca rexistrou este martes o maior prezo anual acadado por un becerro carniceiro. O animal en cuestión adquiriuse por 1.749 euros, unha cantidade que o converte tamén no segundo maior prezo acadado por un exemplar desta categoría na Central. O récord sitúase nun animal polo que se pagaron 1.754 euros na poxa do 13 de agosto de 2019.
Por outra banda, tamén se rexistrou o terceiro maior prezo pagado neste mercado por un exemplar de vacún maior. Trátase dun boi de raza mestiza, nacido en outubro de 2018 e pertencente a unha explotación de Pontecesures (Pontevedra), polo cal a empresa portuguesa Serragados Comércio de Gado pagou 9.121 euros. Por encima desta cantidade, na Central soamente se sitúan os prezos pagados por outros dous bois, os cales acadaron 10.469 euros o pasado 1 de marzo e 9.927 euros o pasado 15 de febreiro.
Baixada dos prezos medios da recría e subas no vacún maior en Silleda