A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Bayer pon en marcha un programa formativo en benestar animal dirixido ás persoas que conviven cun animal de compañía

Distintos expertos aclararán as dúbidas máis frecuentes en relación ao coidado de cans e gatos a través de vídeos quincenais que se publicarán na páxina web da compañía

Imagen de recurso_gato

Coincidindo coa celebración do Día de San Antón, patrón dos animais, Bayer pon en marcha, xunto coa Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) un programa formativo online sobre benestar animal dirixido ás persoas que conviven cun animal de compañía (especialmente can ou gato) e a aquelas que se preocupan por asegurar o seu benestar.

O programa consta de pílulas formativas en vídeo nas que a Dra. Marta Amat e a Dra. Susana Lle Brech, veterinarias e etólogas da UAB e membros de CAWEC (siglas en inglés do Centro de Educación sobre Benestar de Animais de Compañía), comentan de forma didáctica as dúbidas que frecuentemente teñen as persoas que conviven con cans e gatos ou aquelas que, aínda que non teñan animais de compañías, estean sensibilizadas co benestar animal.

Así, por exemplo, os propietarios de cans poderán saber que hai que ter en conta antes de adoptar un animal, como educar a un cachorro, como actuar se o can sofre ansiedade por separación, que facer diante da chegada dun bebé á familia ou que coidados necesita un can sénior, así como tamén se fomenta a tenza responsable de animais.

Vinte gandeirías adheríronse ao programa de benestar animal de Bayer na produción de leite, un programa que se amplía agora a granxas de porcino

No caso dos gatos, os vídeos están enfocados en abordar algúns temas relacionados coa conduta do animal (se é normal que rasque os mobles, por que pode ouriñar fóra da súa bandexa, que situacións poden causarlle medo ou tensión, etc.), así como tamén se inclúen consellos sobre como utilizar o transportín ou como preparar a visita ao veterinario.

O programa conta cun apartado específico sobre benestar animal en animais de granxa, no que o Dr. Xavier Manteiga, catedrático do departamento de Ciencia Animal e dos Alimentos da Facultade de Veterinaria da UAB, mediante entrevistas, explica en detalle por que é importante o benestar en animais de granxa e como aseguralo tanto na produción de leite e carne de vacún, como en porcino.

Compromiso de Bayer co benestar animal

Bayer é unha compañía comprometida co benestar animal, un tema que cada vez preocupa máis a veterinarios, gandeiros e ás persoas que conviven cun animal. Por iso, co obxectivo de mellorar o benestar dos animais, a compañía ten en marcha, desde hai máis de dous anos, xunto co Centro de Educación sobre Benestar Animal da Facultade de Veterinaria da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), un amplo programa de benestar animal tanto para clínicas veterinarias como para granxas que agora quere achegar ás persoas que conviven cun animal ou, simplemente, a aquelas que se preocupan por asegurar o seu benestar. Ata a data, máis de 200 clínicas veterinarias adheríronse ao programa e 20 granxas de vacún de leite, e agora estase ampliando tamén a granxas de porcino.

Os vídeos formativos publicaránse de forma quincenal na páxina web BayerVetConecta.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *