A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

BASF pecha a adquisición do negocio de sementes hortícolas de Bayer

España é un dos países con máis impacto, con 4 novos centros de traballo. Esta operación conclúe unha compra de negocios e activos que ascende aos 7.600 millóns de euros

BASF pecha a adquisición do negocio de sementes hortícolas de Bayer

BASF pechou a adquisición do negocio global de sementes hortícolas de Bayer, que opera principalmente coa marca comercial Nunhems®, e completa así a compra de negocios e activos desinvertidos por Bayer por mor da súa fusión con Monsanto.

España é un dos países onde a integración ten máis impacto, con catro centros de traballo, situados en El Ejido (Almería), Cartagena (Murcia) e Paterna (Valencia). Cun papel destacado está a investigación e o desenvolvemento (I+D), con dous centros.

Esta transacción engádelle a BASF unha coñecida marca cun historial de negocio de gran éxito. O negocio das sementes de hortalizas inclúe 24 cultivos e ao redor de 2.600 variedades. Tamén inclúe un sólido sistema de mellora integrada que consta de máis de 100 programas únicos en máis de 15 cultivos diferentes.

A incorporación do negocio das sementes hortícolas mellora a oferta global de BASF para os agricultores. Ademais, reforza o catálogo de sementes de BASF e complementa a carteira de Solucións Agrícolas, recentemente ampliada. Esta carteira inclúe agora sementes e trazos xenéticos de valor agronómico, tratamentos químicos e biolóxicos para a protección de cultivos, xestión do chan, saúde das plantas, control de pragas e unha plataforma dixital agrícola.

Co peche desta operación, BASF conclúe a adquisición dunha importante variedade de negocios e activos nos que Bayer tivo que desinvertir despois da súa fusión con Monsanto. Estes negocios tiveron unhas vendas combinadas de 2.200 millóns de euros no 2017. O prezo das adquisicións, anunciadas a inicios de agosto, ascende a un total de 7.600 millóns de euros, suxeito a certos axustes ao peche.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *