Baldomero SC, unha explotación asturiana centrada no confort e a alimentación do gando

Manuel Álvarez leva toda a vida producindo leite en Tineo, un dos principais concellos leiteiros de España. Falamos con el da situación do sector e dos cambios experimentados pola súa gandería, que afronta o futuro co relevo xeracional asegurado

Manuel Álvarez Baldomero SC

“Aquí está o traballo de toda unha vida e de toda unha familia. Isto era unha explotación dos meus pais, no ano 81, cando me incorporei, había 8 vacas”, lembra Manuel Álvarez, que aos seus 59 anos e co apoio do seu fillo e a súa nora segue á fronte desta gandeiría do concello asturiano de Tineo que se modernizou para afrontar con garantías o futuro.

Pero Manuel é deses gandeiros vocacionais que cren que a tecnoloxía axuda pero non pode sustituír ás persoas e por iso mantén as dúas máximas coas que sempre guiou á súa explotación: confort para os animais e alimentación de calidade.

O confort das vacas non está reñido co confort dos gandeiros, proba diso son os robots

Esa é a clave, ao seu xuízo, da produción de leite. Por iso a nave primitiva coa que empezou hai 26 anos, e que segue hoxe en pleno funcionamento, foi reestruturada por completo nestes últimos anos, nos que reformou os cubículos e ampliou os patios. Algunhas obras foron para corrixir erros iniciais: “o peor investimento que fixen foi no seu día comprar xanelas e portas cando fixen a nave, gastei 2 millóns de pesetas e 10 anos despois xa sacara todas as portas e ventás”, conta. “Antes non se tiña tanto en conta o confort e o benestar da vaca. Nós aquí buscamos ese confort para os animais, aínda que iso non está reñido co confort dos gandeiros, proba diso son os robots”, afirma.

O peor investimento que fixen foi mercar no seu día portas e ventás cando fixen a nave, gastei 2 millóns de pesetas e 10 anos despois xa sacara todas as xanelas e as portas

As instalacións complétanse hoxe con outra nave de produción e instalacións para as vacas secas, de recente construción. “Non temos sitio para ter postparto, pero separamos ás primerizas do resto, contamos con dúas naves para leite e temos en cada unha un lote diferente, nunha nave primeirizas e na outra multíparas”, explica.

El establo principal fue construido en 1993 pero ha sido reformado en busca de mayor confort para las vacas

O establo principal foi construído en 1993 pero desde entón foi reformado en busca de maior confort para as vacas

A énfase nos coidados, que son en moitos casos personalizados e adáptanse ás necesidades de cada animal, fai que logren lonxevidades importantes que mesmo aumentaron coa introdución dos robots de muxido na granxa. “En dous anos, desde que puxemos os robots, pasamos dunha media de duracón de 2,5 anos a 2,9”, indica Manuel.

Coa introdución dos robots aumentaron a lonxevidade dos animais e contan con varias vacas en produción que pasan dos 100.000 quilos vitalicios

Baldomero Aneta Alan é a avoa desta gandeiría. Con case 13 anos e filla dun touro de monta, esta vaca vai polo décimo parto con máis de 130.000 quilos de leite producidos. “É o animal que máis produciu nesta granxa, goza de todos os privilexios e merece morrer na cuadra”, afirma o seu dono. Coma ela, hai outras tres vacas centenarias na corte, que tamén pasan dos 100.000 quilos de produción vitalicia.

Mercan 1.400 toneladas de millo

Han ensilado en bolas parte del maíz comprado

Ensilaron en bolas parte do millo comprado para usalo no verán

A segunda das premisas que Manuel busca na súa gandeiría é unha boa alimentación. “Eu quero forraxes de calidade porque dun bo millo e un bo raigrás a un mal millo ou un mal raigrás pode haber 3 litros diarios por vaca de diferenza na produción e o traballo e o resto de gastos son os mesmos”, razoa.

A ración de produción desta gandeiría contén 20 quilos de silo de millo, 14 de silo de raigrás, 1 quilogramo de palla, 8 de concentrado (máis o punteo do robot) e 2 de alfalfa. Para garantir a calidade da ensilaxe de millo que usan na ración en Baldomero SC optaron por mercar a materia prima.

Producir millo non é barato en ningún sitio e desta forma estamos asegurando a produción. Comprámolo por baixo de 6 céntimos/quilo

“Producir millo non é barato en ningún sitio e desta forma estamos asegurando a produción. Se o sementas non o aseguras”, xustifica. “Aínda que o prezo oscila en función da produción que haxa ese ano, mércoo sempre por baixo de 6 céntimos o quilo”, indica.

O último ano compraron 1,4 millóns de quilogramos de millo, que trouxeron de Navia e da finca que Alimerka posúe en Villaviciosa. Foron un total de 60 tráileres que ensilaron na explotación, tanto en silos de gabia como tamén unha parte, a que non lles cabía na pila, en rolos. “Para o verán é mellor, porque non se quenta. O único problema é o custo. Foron uns 10.000 euros a maiores os rolos que fixemos este ano”, explica.

Silo de herba co 18% de proteína

Han introducido animales de raza angus en 30 las hectáreas de pastos no cultivables que poseen

Introduciron animais de raza angus nas 30 hectáreas de pastos non cultivables que posúen

Baldomero SC dispón dunha superficie total de 70 hectáreas de terreo, aínda que lles resultan insuficientes porque menos da metade son cultivables. “Que poidamos traballar só son 32 hectáreas, aínda que cunha chea de leiras. Levamos un pobo enteiro, Ese de San Vicente, pagamos renda a todos os veciños, e levamos moitas parcelas de monte de xubilados, pero atopar aquí base territorial mecanizable non é doado”, asegura Manuel.

Renovamos 15 hectáreas máis ou menos todos os anos e pasamos tres días enteiros pechando para o xabaril

Esas características de minifundio e difícil orografía da súa superficie agraria fan que non sementen millo. “Non botamos millo porque para iso hai que ter fincas grandes. Botamos raigrás nas 32 hectáreas e renovamos cada ano a metade. Levantamos 15 hectáreas máis ou menos todos os anos e pasamos tres días enteiros pechando para o xabaril”, explica.

Maquinaria en común con outras 5 explotacións

O ano pasado obtiveron 800 toneladas de raigrás co 18% de proteína, “que tamén vale diñeiro”, afirma. “Se botas millo tes que sacrificar iso porque a leira que produce millo non produce ese raigrás”, razoa.

Esta explotación asturiana comparte a maquinaria con outras 5 gandeirías da zona a través de SAT Trébol, creada con esta finalidade. “Case todo o traballo agrícola facémolo nós, temos maquinaria en común entre 5 gandeiros”, explica Manuel. “Iso permítenos ter máis maquinaria e reducir custos. Temos abonadora, sementadora e rolo e traballamos día e noite cando facemos a sementeira do raigrás, por exemplo”, engade. O último tractor que mercaron en Baldomero SC ten oito anos e acumula xa máis de 8.000 horas de traballo.

Con tres deses gandeiros que comparte maquinaria, Manuel quería montar tamén un centro de recría en conxunto, pero o proxecto non saíu adiante por non atopar un lugar idóneo no que facer as instalacións, así que “cada un de nós tivemos que buscarnos a vida pola nosa conta”, di.

Sen instalacións para a recría

Tras 15 días en boxes las terneras son enviadas al Rancho Las Nieves de Zaragoza

Logo de 15 días nos boxes as xatas son enviadas ao Rancho Las Nieves de Zaragoza

A falta de instalacións para facer a recría na propia granxa empurrou a Manuel a externalizar esta parte do proceso de reemprazo necesario de animais da explotación. “Non temos instalacións para recría, non temos sitio para elas e dannos moito traballo. Por iso mandámolas ao Rancho Las Nieves de Zaragoza desde hai dous anos, porque senón teriamos que facer un investimento importante. A orografía aquí é complicada, só a cimentación da nave de produción de hai 20 anos custou máis que a nave enteira noutros sitios e coa nave de recría que necesitariamos agora igual. Por iso preferimos muxir un pouco máis e sacar desa forma para pagar a recría fóra”, conta.

Teriamos que facer un investimento importante nunha nave para as xatas. Por iso preferimos muxir un pouco máis e sacar desa forma para pagar a recría fóra

Baldomero SC mantén nestes momentos 83 animais no centro de recría privado de Zaragoza. As tenreiras marchan con 15 días de vida, nos que extreman os coidados neonatais nos boxes (“limpar e desinfectar os boxes é fundamental cada vez que se saca un becerro”, afirma Manuel) e regresan entre os 7 e os 7 meses e medio de preñadas para que dispoñan de 2 meses ata o parto para facer a adaptación en Tineo.

Tienen un toro que usan como semental en las repetidoras

Teñen un touro que usan como semental nas repetidoras

Inseminan con sexado a todas as primeirizas e con azul belga ás vacas. “Miramos moito a facilidade de muxido porque co robot é básico. Unha vaca ou un touro duro de muxido penalizámolos. Estivemos moi xustos, ao límite da capacidade dos robots cando só tiñamos dous e non podiamos permitirnos o luxo de ter unha vaca que tarda 14 minutos en muxirse”, argumentan. Contan ademais con semental para as repetidoras. “A min o touro é o animal que máis diñeiro me deixa cada ano, porque empreña todos os anos entre 12 e 14 vacas”, razoa Manuel.

Vacas secas: de pastoreo a ración

Ata abril de 2018 Manuel tiña no pasto tanto ás xovencas como ás vacas secas. Dedicaba para iso 30 das 70 hectáreas de superficie das que dispón a gandeiría, aquelas que non serven para ser labradas. Pero ao empezar a enviar a recría ao Rancho Las Nieves tamén adoptou outra decisión a respecto das vacas secas, ás que construíu unha instalación para telas a cuberto.

As vacas pasan só 45 días secas e tes que alimentalas ben se queres ter leite. Desde que están con ración noto que paren mellor e teñen un pico de lactación máis alto

“Agora están poucos días secas, só 45 días, e tes que alimentalas ben se queres ter leite, por iso agora témolas con ración”, explica. A súa alimentación inclúe 5 quilos de penso de preparto, 10 quilos de raigrás, 7 de palla e 2 de avea.

Instalaciones para las vacas secas, donde son alimentadas con silo de hierba, paja, avena y pienso de preparto

Instalacións para as vacas secas, onde son alimentadas con silo de herba, palla, avena e penso de preparto

Aínda que Manuel recoñece que “ter ás vacas secas no prado era moi fácil, pero agora están mellor e teñen máis capacidade de dixestión, noto que paren mellor e teñen un pico de lactación máis alto”, afirma.

Nas leiras que ata o de agora pacían as xovencas e as vacas secas mantén de momento dous lotes de recría (“deixei na casa dous grupos de becerras porque tiña algunha xersei e no Rancho Las Nieves penalízante se non medran segundo os índices que teñen, que son para frisoas”, explica), algún cabalo de montura e animais de raza angus (tres vacas coas súas crías e tres machos cebados para bois). Son probas que está a facer, pero son 30 hectáreas de terreo e Manuel recoñece que non sabe aínda o que fará ao final con esas leiras.

“O robot funciona se funciona o gandeiro, e as amamantadoras igual”

Instalaron los dos primeros robots hace dos años debido a la escasez de mano de obra

Instalaron os dous primeiros robots fai dous anos debido á escaseza de man de obra

Baldomero SC contaba ata fai dous anos cunha sala de muxido de só 7 puntos. Tiña 26 anos pero modernizárana. “Estaba ben, pero botaba todos os días 7 horas muxindo, eran moitas horas”, admite Manuel. Así que optaron por substituír á súa vella sala por tres modernos robots de muxido, empurrados pola dificultade para atopar man de obra.

“Tirámonos aos robots hai dous anos por falta de man de obra. Tivemos un empregado durante sete anos que vivía aquí coa súa muller porque lles poñemos casa e agora temos outro inmigrante senegalés co que tamén estamos moi contentos. Se o empregado vale hai que pagarlle, pero aínda así non atopas”, lamenta.

Eu non quero medias de 35 litros co robot, esa media xa a tiña na sala, eu quero medias superiores a 40 litros co robot e con esa diferenza é coa que vas pagar o robot

Mamadou Ba é “coma un máis da casa”, afirma Manuel. “Pero necesitaba outro coma el porque a subvención que recibimos para modernizar a granxa obríganos e porque, a verdade, fainos falta”, insiste. Agora mesmo traballan na granxa Mamadou, Manuel, o seu fillo (que tamén se chama Manuel e que se incorporou en 2007) e a súa nora Lara. A súa filla Lorena vive en Oviedo e bota unha man as fins de semana e a súa outra filla, Sandra, que tamén estivo vinculada á explotación, agora vive en Menorca. A súa muller, Oliva, está xa xubilada.

“Todos na familia, eu, a miña muller e os nosos tres fillos, estivemos vinculados á gandeiría. En Tineo hai vacas e pouco máis, do que vive este concello é das vacas e o día que se enche a vila é cando os gandeiros imos comprar”, asegura Manuel, que reivindica o seu oficio, aínda que, admite, “unha cousa é que che guste e outra que sexa rendible”.

Desaturar os robots

robot

Como todas as gandeirías que incorporan robots de muxido, Baldomero SC tivo que facer fronte a un importante investimento que esperan rendibilizar cun aumento de produción motivado tanto polo incremento no número de animais como na súa maior produtividade individual.

“Hai gandeiros que non logran sacar todo o rendemento ao robot porque o robot funciona se funciona o gandeiro e as amamantadoras igual. Eu non quero medias de 35 litros co robot, esa media xa a tiña na sala, eu quero medias superiores a 40 litros co robot e con esa diferenza é coa que vas pagar o robot”, afirma.

Contan neste momento con 155 vacas en muxido pero a Consejería obrígaos a alcanzar as 170, para o que tiveron que instalar un terceiro robot

Fai seis meses instalaron o terceiro robot para lograr desaturar os dous que colocaron inicialmente. “Puxemos os robots hai dous anos coa idea de ter 130-140 vacas pero a Consejería de Agricultura do Principado fíxanos que temos que ter 170 vacas. Esa foi a razón pola que tivemos que poñer o terceiro robot. Non era a nosa intención medrar, pero obrígannos para poder xustificar a subvención do Plan de Mellora. A Administración baséase en criterios e táboas vellas e por máis que lles explicas que eses baremos de produción por vaca non son os de hoxe en día non che fan caso. Pouco sabe de vacas o que só as ve desde detrás dunha mesa de despacho”, quéixase Manuel.

Ao saturar os robots baixas á produción porque o día ten 24 horas e non dá para máis. Cando tiñamos só 2 robots vendiamos menos leite con 150 vacas que con 135

Baldomero SC conta neste momento con 315 cabezas, 155 delas en muxido e están a aumentar ata completar o número de vacas esixido polo Principado no terceiro robot instalado, aínda que non queren sobrecargar as unidades de muxido, dada a súa experiencia. “Ao saturar os robots baixas á produción porque o día ten 24 horas e non dá para máis. Nós tiñamos 41 litros de media ao instalar os dous robots iniciais pero a medida que iamos aumentando animais fomos baixando produción ata chegar a 39 litros cando estabamos con 151 vacas en muxido en 2 robots. Vendiamos menos leite con 150 vacas que con 135 e para facer sitio tiñamos que secar a todas as vacas que baixaban de 25 litros”, explica.

Gran campioa nacional no ano 1999 en Silleda

Manuel acode co seu gando a concursos morfolóxicos desde hai 30 anos. Comezou viaxando coas súas vacas cando a súa filla Sandra era pequena. “Gumersindo De la Riera é o técnico que leva alimentación e reprodución de toda a vida na nosa gandeiría e o foi o que nos iniciou nos concursos”, lembra.

A base principal dunha gandeiría de leite é producir litros de leite, os máis posibles, e producilos o máis barato posible. Os concursos son un hobbie, aínda que para producir leite tamén necesitas un bo ubre e unhas boas patas

Aínda que ten claro que “a base principal dunha gandeiría de leite é producir litros de leite, os máis posibles, e producilos o máis barato posible” e que “os concursos son un hobbie”, argumenta que “están relacionados tamén coa produción de leite porque unha vaca de concurso necesita un bo ubre e boas patas e para producir leite tamén, porque dese modo estás a asegurar máis produción e máis lonxevidade”, razoa.

Baldomero Aneta Alan, la abuela de la granja con 10 partos y más de 130.000 litros producidos

Baldomero Aneta Alan, a avoa da granxa con 10 partos e máis de 130.000 litros producidos

En 1999 Manuel logrou coa súa vaca Baldomero Tania Lee o título de Xovenca Gran Campioa Nacional no concurso celebrado en Silleda e fai tres anos acudiron a Italia onde gañaron unha das seccións cunha das súas tenreiras.

Pero nesta gandeiría deixaron un pouco de lado nos últimos anos os concursos para centrarse nos cambios que están a introducir para a modernización e redimensionamento da explotación. “Só seguimos indo aos concursos de Tineo e Llanera, os de aquí ao lado, porque ir a un concurso cústache moitos cartos e tamén porque antes pasabámolo moi ben e o de menos era gañar, pero agora hai catro que o queren gañar todo e converteuse xa case nunha profesión para eles e xa non é divertido”, argumenta.

Socio fundador de Central Lechera Asturiana

El Prado es un lugar pendiente y de difícil acceso

El Prado é un lugar costento e de difícil acceso

Socio fundador de Central Lechera Asturiana, Manuel afirma que “as condicións para ter vacas en Galicia son fantásticas, mágoa que non tiverades outras cousas” e aínda que é crítico con algunhas das decisións tomadas polas cooperativas, destaca a súa función e o seu valor para o gandeiro.

“Nós mereciamos un premio por producir leite aquí”, asegura. El Prado, o lugar onde se atopa a súa gandeiría, non é un sitio de fácil acceso. “Todo o que sacas daquí ou entra aquí é complicado, vén por unha estrada estreita, pendente e con curvas”, describe. Tanto que chegar entre lusco e fusco con algún dos 60 tráileres de millo para ensilar que compraron o ano pasado converteuse nunha auténtica odisea.

As condicións para ter vacas en Galicia son fantásticas, mágoa que non tiverades outras cousas. Antes o gandeiro pensaba que o inimigo era o veciño, hoxe veste só. É moi triste

Desde a súa dilatada experiencia como gandeiro, Manuel reflexiona sobre o futuro do sector. “Dentro de 10 anos acabáronse os problemas de xurros e falta de base territorial porque moitas explotacións actuais terán pechado. Nesta parroquia de Callada eu coñecín máis de 30 gandeirías, unha en cada casa e hoxe queda unha de carne e 5 de leite, pero só esta con relevo xeracional. Tres delas xubilaranse no prazo de 5 anos. En todo Tineo pasa o mesmo, hai 300 gandeirías pero poucas con relevo e a media de idade dos gandeiros en Asturias é de 60 anos. É moi triste, antes o gandeiro pensaba que o inimigo era o veciño, hoxe veste só”, conclúe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información