Balance dos danos provocados polo temporal nas fincas de millo forraxeiro

O temporal desta fin de semana, en concreto as inusuais rachas de vento e choiva da noite do sábado para o domingo, deixaron importantes estragos nalgunhas parcelas de millo, en especial na provincia da Coruña, e en menor medida no sur e centro de Lugo, así como en terras do Deza, en Pontevedra.

Na Coruña houbo importantes afectacións en concellos como Santa Comba, Mazaricos, Trazo e Oroso. Neste último municipio, unha gandería da aldea de Vilacide, viu como o vento tumbaba a metade das 26 hectáreas que tiñan plantadas a millo e deixaba o cultivo prácticamente imposible de colleitar con máquinas. “Este ano ía ser unha colleita excepcional, pero o millo estaba algo atrasado, sobre todo na espiga, polo que decidimos esperar unha semana máis. Agora con este desastre e tal e como está o prezo do leite e o penso, planteámonos desfacernos de vacas ”, recoñece un dos gandeiros afectados.

Na provincia de Lugo as primeiras inspeccións realizadas sobre o terreo amosan leiras con regueiros de danos. “Na zona da Barrela houbo importantes danos en fincas que estaban a piques de ser ensiladas”, apunta Jorge Meiriño, técnico de cultivo da Cooperativa Aira. “Nunha das fincas que visitei esta mañá, das 7 hectáreas de millo plantadas, máis dun 20% quedou dobrado polos fortes ventos”, explica. Neste caso as canas romperon a uns 60 centímetros do chan, co que agardan que a colleitadora aínda poida ensilar estas plantas.

“O millo estaba xa a piques de ser ensilado co que, se finalmente conseguimos ensilalo, os danos non son tan graves como se se tivese producido hai un mes, cando o millo aínda estaba por madurar”, concreta o técnico. Na zona de Chantada, boa parte das fincas están xa colleitadas a diferenza doutras zonas da provincia onde aínda queda parte por recoller. De feito, o ano pasado por estas datas a campaña de ensilado en Aira estaba xa a piques de rematar e este ano teñen aínda por diante case a metade por ensilar.

Outra das zonas da provincia de Lugo onde os ventos deixaron pegada no millo foi en Palas de Reis con plantacións que presentaban danos.

Ucoga, a maior correduría de seguros agrarios de Galicia, recorda a importancia de contratar a póliza do millo forraxeiro, que “por un custo moi asumible”, cobre tanto os danos da fauna salvaxe como de adversidades climatolóxicas coma esta.

Velaquí unhas imaxes dalgunhas das parcelas afectadas:

Oroso

Oroso

Santa Comba

Santa Comba

Santa Comba

Santa Comba

Santa Comba

Santa Comba

Silleda

Silleda

Silleda

Silleda

Silleda

Silleda

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información