A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Balance de PEFC Galicia do ano 2020 para o sector forestal

pefc 2 Aínda que tratándose dun ano especialmente duro para todos e todas, a certificación forestal PEFC en Galicia experimentou un balance positivo en canto a superficie certificada e número de propietarios adscritos e, por tanto, comprometidos cunha xestión forestal sostible. Galicia conta xa con máis de 250.000 Has. certificadas, xestionadas por uns 33.000 propietarios; (incremento de 70.000 Has. e 5.000 propietarios)

Na área de cadea de custodia, é dicir, de empresas de transformación de materia prima forestal con certificado de rastrexabilidade ao longo dos procesos monte – industria, máis de 450 contan co certificado PEFC. Durante un ano 2020, tan negativo para o sector empresarial, rexistráronse tan só unhas 15 baixas (pendente de finalizar o ano), pero máis de 40 novas empresas se incorporaron ao sistema PEFC, o que lles permite amosar o seu compromiso pola sostibilidade.

pefc 1

A Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal, PEFC Galicia, mantén un fluído contacto cos diferentes axentes do sector, así como liñas estreitas de colaboración coa Administración forestal. Neste mesmo mes de decembro, presentouse á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal os diferentes avances tecnolóxicos que está a desenvolver PEFC en Galicia, como o Sistema de Dixitalización e Teledetección que permite detectar máis do 90% dos cambios que se producen no territorio forestal.

PEFC Galicia tamén colabora estreitamente con XERA, Axencia Galega da Industria Forestal, tanto no ámbito de promoción e calidade como no de innovación e formación. Neste sentido, ao longo do ano, desenvolvéronse diferentes accións formativas e divulgativas, que permitiron achegar a máis de 1.500.000 persoas información sobre a certificación forestal PEFC. As accións máis destacadas foron un spot na TVG (que se volve a emitir nestas datas de Nadal) (enlace PEFC GALICIA – YouTube), varios webinarios, cunha media de participación superior aos 100 asistentes, ou un concurso de fotografía no que 1.059 persoas aportaron as súas mellores imaxes relacionadas co monte.

Fotografías gañadoras do concurso NÓS💚MONTE: 

pefc 3Trasladamos nosa máis sincera felicitación para toda a sociedade galega, anhelando que o 2021 sexa un ano cheo de felicidade e prosperidade para ela e para os nosos montes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *