Ence Terra, a iniciativa de Ence que integra toda a súa actividade forestal, pechou 2025 alcanzado importantes fitos. O centro de adestramento de motoserristas de Vilalba (Lugo), inaugurado en decembro de 2024, celebrou máis de 20 xornadas formativas, coa participación de 80 profesionais de Galicia, Asturias e Cantabria. Estas sesións, de oito horas cada unha, contribuíron a reforzar a prevención e a profesionalización nos aproveitamentos forestais vinculados a Ence Terra.
De forma complementaria, tamén en 2025, preto de 30 maquinistas forestales participaron participado en programas específicos para mellorar a concienciación preventiva e compartir boas prácticas en seguridade. Estes avances reforzan a aposta da compañía pola profesionalización do sector con formación especializada, inversións en infraestruturas, impulso ao servizo de asesoramentos aos propietarios forestais, e o impulso das novas solucións tecnolóxicas.
En paralelo, a compañía avanzou no seu plan de inversión para a mellora dos parques de madeira nas biofábricas de Pontevedra e Navia. Ence Terra tamén puxo en marcha un innovador servicio de taller móbil, en colaboración con talleres especializados, para atender avarías de maquinaria directamente no monte. Este servicio, apoiado nunha aplicación móbil e unha plataforma web, reduce tempos de reparación e garante a continuidade do traballo forestal. Ademais, compleméntase co servicio de maquinaria de substitución.
Recomendacións técnicas a propietarios forestais
O asesoramento aos propietarios forestais, outro dos piares estratéxicos de Ence Terra, refórzase coa superación dos 2.350 asesoramentos gratuítos e personalizados dende o inicio do programa en 2023, preto de 1.000 deles realizados en 2025. Estas recomendacións técnicas tiveron impacto en máis de 4.500 hectáreas.
Galego









Control OJD