Balance de actividade do Centro Tecnolóxico da Carne

O organismo desenvolveu no último ano 35 proxectos de I+D e durante os últimos dous anos incrementou nun 40% as súas contas, ata chegar ós 3,5 millóns de euros

Balance de actividade do Centro Tecnolóxico da Carne

Reunión do padroado do Centro Tecnolóxico da Carne.

O padroado do Centro Tecnolóxico da Carne (CTC), presidido por Medio Rural, vén de facer balance e de aprobar as contas do exercicio 2016. O organismo, con sede en Ourense, está orientado a colaborar co sector cárnico galego en procesos de innovación. Durante o último exercicio, o Centro desenvolveu 35 proxectos de I+D+i (Investigación + Desenvolvemento + innovación) con empresas e axentes do sector.

Entre os servizos do CTC, cómpre destacar tamén o seu papel en analíticas e valoración de mostras, con máis de 37.000 no último exercicio. O progresivo aumento dos proxectos e servizos que presta o Centro está a redundar nunha mellora das súas contas, que aumentaron arredor dun 40% nos últimos dous anos. En concreto, o 2016 saldouse cun 24,3 % máis respecto a 2015 e no 2017 chegará ós 3,5 millóns de euros.

O Centro Tecnolóxico da Carne conta cunha planta piloto para simular procesos e produtos, polo que constitúe unha referencia para o sector da carne de Galicia. O organismo tamén programa xornadas e actividades formativas como parte do seu labor de asesoramento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información