Balance da Feira do Viño de Monterrei

A última edición da Feira do Viño de Monterrei clausurouse con cifras históricas, tanto no número de asistentes como no de botellas e tickets-degustación vendidos, con máis de 30.000 vendidos neste último caso

Publicidade
Balance da Feira do Viño de Monterrei

Imaxe da Feira do Viño de Monterrei 2024. / Fonte: D.O. Monterrei

A Feira do Viño de Monterrei pechou esta edición con récords de asistentes, botellas e tickets-degustación vendidos. Durante os tres días, miles de persoas visitaron o recinto feiral para coñecer de primeira man os viños que se elaboran na denominación, así como para gozar das actividades programadas con motivo desta cita vitivinícola, entre elas as catas programadas, que cubriron todas as súas prazas sen poder facer fronte ás listas de agarda.

“Estamos ante un evento totalmente consolidado, que se converteu nun lugar de reencontro para moitos turistas e visitantes e que, ano tras ano, atrae a máis público”, destaca o presidente do Consello Regulador, Jonatás Gago García. Con respecto ás degustacións, as cifras superan as 30.000, cun incremento notable no número de botellas vendidas, “as adegas participantes indicáronnos que este ano venderon máis botellas ca nunca”, destaca o presidente.
Do mesmo xeito, tamén se colgou o cartel de completo nas actividades infantís realizadas na praza da Alameda, onde os máis pequenos da casa puideron formar parte de xogos tradicionais como 3 en raia, ra ou tangram, así como nas diferentes actuacións musicais, aptas para todos os públicos.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información