Baixan os prezos dos becerros e sobe o vacún maior en Silleda

Baixan os prezos dos becerros e sobe o vacún maior en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia rexistrou esta semana unha afluencia de 1.102 animais, dos cales 1.023 foron adxudicados; unhas cifras inferiores á pasada semana. En canto aos prezos, hia baixadas subidas en case todas as categorías de tenreiros, mentres que no vacún maior houbo subidas, fóra de tan só unha categoría.

Prezos do gando
A continuación, facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nos becerros de recría da raza frisoa, os de 15 a 20 días cotizáronse a 148 euros, 11 euros menos que a pasada semana; os de 21 a 50 días a 183 euros, cun descenso de 26 euros, e os de máis de 50 días a 196 euros (-22 euros). En canto aos de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 374 euros (-22 euros). Os de 21 a 50 días chegaron aos 443 euros (-5 euros). Finalmente, os máis adultos alcanzaron un prezo medio de 609 euros (-94 euros).

25_06_2024_page-0001

Nos becerros carniceiros, os machos de cruzamento industrial baixaron 73 euros con respecto á poxa pasada e alcanzaron un valor medio de 1.125 euros; mentres que as femias descenderon até os 944 euros (-45). Pola súa banda, os de Loura Galega vendéronse a 1.155 euros de media os machos, o que supón unha baixada de 217 euros, mentres que as femias baixaron 9 euros, até os 1.069 euros. Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema baixaron 9 euros o seu valor e fixan unha media de 1.176 euros por animal.

No vacún maior houbo suba en case todas as categorías, fóra da segunda que baixaron 7 euros e quedaron cun prezo medio de 790 euros. A categoría extra cotizouse a 2.154 euros (+73 euros); a primeira a 1.175 (+18 euros) e a de refugallo a 454 euros (+29 euros). En canto aos animais vendidos baixo o selo de Vaca e Boi de Galicia vendeuse un a un valor de 1.395 euros.

Mesas de prezos
As mesas de cotizacións do porcino tiveron fluctuaciones nos prezos. Así, o porco selecto e o normal rexistran unha subida de 0.02 euros e quedan nos 1,865 e 1,84 euros, respectivamente. Os de canle II soben 0,026 e alcanzan un prezo por quilogramo de 2,39 e os de desvieje cotízanse a 0,81/0,87 e baixan 0,05.

25_06_2024_page-0002

Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 87 euros (cun prezo de 4,35 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 82 euros e cun prezo por quilo de 4,1 euros.

O mercado do ovo mantense igual que a semana pasada nos da XL (2,83) e a L (2,24) e baixa 0,02 nos da M (1,98) e a S (1,68).

O prezo do coello mantense igual e está nos 2,2 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información