Os prezos do gando que concorreu hoxe ao recinto feiral do Mercado de Amio presentan unha baixada de 5 euros na categoría de recría de raza frisoa e de 0,10 euros os das canles de vacún maior de matadoiro das clases O e P.
En canto á asistencia de gando, na xornada de hoxe concorreron polo recinto 2.221 reses, 330 máis que á do 7 de agosto. Así, houbo 2.050 cabezas de vacún menor (410 máis que na sesión do 7 de agosto); 72 de vacún mediano (22 menos) e 99 de vacún grande (58 menos).
Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría manter os prezos da sesión anterior para todas as clases e categorías desta carne.
Máis información
– Táboa completa dos prezos de Amio (21-VIII-2024)